Actividades
DÍA DO LIBRO: A MAXIA DOS LIBROS- ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 11/05/2020 - 13:24Con motivo da conmemoración do Día do Libro e para fomentar a lectura, os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria queren continuar contándolles, dende as súas casas, relatos curtos aos nenos/as do centro. Para iso inventaron as súas historias sobre o COVID-19 a partir de títulos de libros da nosa biblioteca. Podedes ver o ben que o fixeron nos seguintes vídeos:
HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER
Enviado por Administrador o Mér, 04/03/2020 - 21:09ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA
O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.
Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:
DÍA DA PAZ: "DEIXEMOS EN PAZ AO PLANETA"
Enviado por Administrador o Ven, 31/01/2020 - 14:39
No San Vicenzo este ano celebramos o Día da Paz baixo o lema "Deixemos en Paz ao Planeta", co fin de continuar fomentando o respeto e coidado polo noso planeta, proxecto de centro que estamos levando a cabo durante este curso.
Alumnos voluntarios e mestres colaboraron en facer o noso mural para a paz. Ademais os nenos/as de 5º de primaria foron os encargados de facer o manifesto que, no Día da Paz, expuxeron para todo o colexio:
O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, HAI QUE TER CONCIENCIA
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o día da paz e non violencia en todo o mundo. É por iso, que dende o CEIP San Vicenzo, queremos recordar a importancia de respectar as persoas e aceptalas tal e como son, sen discriminar polo seu sexo, raza, relixión, condición sexual, ideoloxía ou nivel económico.
Temos que recordar que a paz, non só é a celebración de un día, senón que debe ser todos os días, xa que é moi importante para ter unha boa convivencia con todas as persoas que nos rodean.
Cabe destacar, que na actualidade, tristemente estamos vendo moitas noticias sobre a violencia doméstica, o cal é un problema bastante grave, e que debemos concienciarnos para erradicar este comportamento que nos leva a un gran malestar social. Para isto, nós, os rapaces e rapazas, que vamos ser a xeración futura, debemos prestar atención e tomar exemplo da educación en valores que nos intentan transmitir toda a comunidade educativa, incluída as nosas familias.
No día da paz, non podemos esquecernos do maltrato animal, xa que a paz debe ser para todos os seres vivos do planeta. Os animais merecen un bo trato, amor e cariño, xa que eles nos aportan todo iso sen pedir nada a cambio. E por suposto, que sexan libres e vivan no seu hábitat natural e que non estean encerrados en gaiolas.
Non podemos rematar sen falar do noso planeta, que está sufrindo cada día máis, pola culpa dos seres humanos irresponsables que a contaminan sen pensar que non temos outro planeta donde vivir, e se non coidamos o que temos, a nosa vida na Terra será en peores condicións.
Con todo isto, desexamos que este día da Paz e non violencia, sirva para concienciarnos e mellorar o noso comportamento, xa que coa axuda de todos, podemos vivir nun mundo mellor, sen guerras, pobreza, contaminación,...
Para finalizar, con un pareado querémosvos agasallar:
Para a paz alcanzar, a violencia debe acabar!!
Todo o centro aprendeu a canción " Pequeño planeta" como lema para este ano. Con ela cantamos e gravamos un vídeo representativo que podedes ver a continuación:
Pasámolo xenial!
CHARLA EDUCATIVA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Enviado por Administrador o Ven, 24/01/2020 - 11:09O día 21 de xaneiro tivemos no centro unha charla sobre "os riscos asociados ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais" para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartida pola Garda Civil.
CONTO DE NADAL 2019: O APALPADOR E OS SEUS AMIGOS
Enviado por Administrador o Ven, 17/01/2020 - 15:06
25 N - Non a Violencia de Xénero
Enviado por Administrador o Mar, 26/11/2019 - 13:43Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén fomentamos a igualdade coas nosas lecturas.
SAMAÍN 2019/20
Enviado por Administrador o Lun, 11/11/2019 - 22:35OS NOSOS LIBROS, AS NOSAS LETRAS, A NOSA FALA
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 29/05/2013 - 12:40Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), no noso cole fixemos diferentes actividades.
- Lectura/presentación de diferentes traballos sobre Rosalía.
- Investigamos sobre distintos autores Galegos.
- Apadriñamentos lectores.
- Visita da escritora Fina Casalderrey.
DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS II
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 13/03/2013 - 14:04Seguimos co noso proxecto sobre a historia de Galicia. Despois de viaxar pola prehistoria no primeiro trimestre, chegamos á época dos castros e á conquista dos romanos.
Dende a biblioteca recomendamos visitar o Castro de Borneiro, a Ponte romana de Brandomil ou a Torre de Hércules.
Aquí podedes ver algunha foto das cousiñas que estivemos facendo. Moitas grazas pola vosa colaboración.
TEMOS BOLSIÑAS NOVAS
Enviado por ma.begonagandara o Mér, 27/02/2013 - 13:41O PASADO VENRES ESTREAMOS ESTAS ESTUPENDAS BOLSIÑAS PARA LEVAR OS LIBROS DE PRÉSTAMO PARA A CASA E ASÍ PROTEXELOS MELLOR. PORQUE XA SABEDES, OS LIBROS HAI QUE COIDALOS, UN LIBRO É UN AMIGO.
