Saltar navegación.
Inicio

Actividades

FINA CASALDERREY

A Real Academia Galega acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Fina será a quinta muller que ocupe un cargo na RAG.

A nova académica da RAG é autora dunha vasta obra, especialmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, que arrancou en 1991 coa novela infantil "Mutacións xenéticas", á que seguiron "Dúas bágoas por máquina", "A noite dos coroides", "Camizo", "Asústate, Merche" e " O misterio dos fillos de lúa", coa que ganou en 1995 o premio nacional de literatura infantil e xuvenil e o premio El Barco de Vapor.

Outros títulos da súa bibliografía son "O estanque dos parrulos pobres", que se alzou co premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil, "Prohibido cazar, papá!, etc.

Pero aínda teremos que esperar como mínimo catro meses ata que Fina tome posesión do novo cargo.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS

Dende a biblioteca proponse estudar e investigar un pouquiño sobre a historia de Galicia. Da PREHISTORIA á época dos IRMANDIÑOS.

Nun primeiro momento centrámonos na PREHISTORIA, logo pasaremos á épocaa dos castros, aos romanos, e finalmente aos Irmandiños.

Podedes ver que na entrada da biblioteca xa hai unha pequena exposición de cousiñas que fixeron algúns nenos e nenas coa axuda das profes  e das familias.

Todos podedes colaborar; buscar imaxes, información, debuxar algo, construir algo... entregádeo na biblioteca e expoñerémolo.

Ademais propoñemos algunha actividade para  que completedes, tendes unhas bandexas coas propostas e un buzón para entregalas. Por exemplo, un test histórico, explicar qué é un historiador, ou que vos imaxinedes como será Galicia no futuro. Ao longo do curso e según avancemos na  historia/o tempo, as propostas serán diferentes. Iremos recollendo esos traballos, e aos mellor feitos, mellor presentados, etc, entregaráselle algún agasallo.

Podedes apreveitar que no recreo a biblio está aberta para buscar información e pregunrtar ás profes, poderedes imprimir e pedir o material que necesitedes.

ATA PRONTO

                                                                                                                                                                                                                                   

BENVIDOS Á BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS

"DIN QUE TODAS AS PERSOAS NECESITAMOS AS HISTORIAS, TANTO COMA A AUGA QUE BEBEMOS, TANTO COMA O PAN DE CADA DÍA. QUE SORTE, QUE SEXAN TAN DOADAS DE CONSEGUIR! (...) SÓ HAI QUE ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR."

CON ESTAS VERBAS EXTRAIDAS DO TEXTO "OS RIOS DA VIDA" QUE AGUSTÍN FDEZ PAZ ESCRIBIU CON MOTIVO DO DIA MUNDIAL DO LIBRO, QUEREMOS DARVOS UNHA VEZ MÁIS A BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

O SAMAIN

Ante o éxito que tivo o ano pasado a exposición de cabazas, con motivo do SAMAIN, este ano queremos repetila.

Na semana do 7 ao 11 de novembro, na biblioteca do colexio faremos a exposición de cabazas e libros terroríficos, referentes á festividade.

Entre o luns e o martes os nenos que o desexen, poden traer unha cabaza decorada ao seu gusto.

Estades todos invitados a visitar a exposición neste horario:

Mércores: de 10h. a 10'20h. e de 16'30h. a 16'45h.

Xoves: de 10h. a 10'20h.

O xoves a última hora cada neno poderá recoller a súa cabaza.

XA ESTAMOS AQUÍ !!

O equipo da Biblioteca quérevos dar a benvida un ano máis a este novo curso escolar (2011/2012).

 


Agardámosvos na biblio, vendo as novidades e preprarando cousiñas estupendas para vós.

Co comezo de Outubro xa tedes aberta a biblio durante os recreos.

Esperamos que disfrutedes deste espazo e das actividades que propoñemos.

                                                                Ata pronto.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17/05/2010 10:00
17/05/2010 16:30
Etc/GMT
ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTÁ ADICADO Ó ESCRITOR E POETA NADO NO COUREL, UXÍO NOVONEYRA.

RECUNCHO LITERARIO

Continuando coas actividades relacionadas co Día do Libro descubrimos novos principiantes no arte da creación literaria.
Parabéns a todos eles!!!!!

 

 

 

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Con motivo do día do libro, 23 de abril, os alumnos/as do colexio San Vicenzo , levarán a cabo una serie de actividades na biblioteca e na ludoteca do centro, encamiñadas a recordar a vida e obra de Miguel Hernández, xa que este ano conmemórase o centenario do seu nacemento.

Centenario de Miguel Hernández

23/04/2010 10:00
23/04/2010 15:30
Etc/GMT
O día 23 tódolos ciclos do noso centro participarán en diversas actividades contando a vida e obra do autor.

CREATIVIDADE LITERARIA

Despois da visita dalgúns recoñecidos  autores de literatura infantil como Rivadulla Corcón (2008), Concha Blanco (2009) e de Anxo Fariña ( ilustrador),decidimos dar un paso máis e poñer en marcha neste curso 2010 un taller de creación escrita. Contamos con un colaborador da editorial KALANDRAKA e realizamos a actividade cos alumnos do 3º ciclo.

Pensamos nuns personaxes..., atribuimoslles unhas características ... e sumerxímonos nese marabilloso mundo que xorde cando deixas que a túa imaxinación voe...

Para empezar, foi divertido!

 

 

Distribuir contido