A ventá do San Vicenzo
COLLAGE DE INVERNO: HERVÉ TULLET
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 23/01/2024 - 11:29Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso mural de inverno,inspirado no artista Hervé Tullet, que decora a entrada do noso centro.Foi elaborado polo alumnado de 3º ciclo en colaboración cos membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:
PANXOLIÑA DE NADAL DO CEIP SAN VICENZO :NOITE DE NADAL!
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 20/12/2023 - 11:01Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo desexámosvos unhas FELICES FESTAS coa nosa panxoliña de Nadal, elaborada coa colaboración principal de Adrián Pombo, mestre de música, o profesorado do equipo de Dinamización da Lingua Galega e, por suposto, todo o alumnado do centro como artistas principais.
Esperamos que vos guste!
SAÍDA AO CASTRO DE BORNEIRO E DOLMEN DE DOMBATE DO ALUMNADO DE 1º CICLO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 19/12/2023 - 19:57CONMEMORAMOS O 25 N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 04/12/2023 - 15:45Para conmemorar o 25 de Novembro: "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero" traballamos mensaxes reivindicativas analizando o seu significado. Cada unha das 14 clases deste curso 2023/2024 plasmou a súa mensaxe nunha lousa de pizarra que, en colaboración co Concello, van ser colocadas nas 14 parroquias de Vimianzo.
Agradecemos a colaboración do Concello na achega das lousas e pola implicación na actividade.
Aquí tedes unha mostra do resultado do noso traballo:
VISITA AO MUÍÑO DE "TRAS DO MUÍÑO" E PASEO POLO RÍO DA VILA
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 01/12/2023 - 13:54O alumnado de infantil gozou dunha mañá de paseo para ver o mecanismo e funcionamento do muíño de "Tras do Muíño" .Despois fixeron unha camiñata pola beira do río que percorre a vila observando os elementos da paisaxe que o rodean.
SAMAÍN E MAGOSTO 2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 06/11/2023 - 14:26Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos este ano festexando o Magosto e o Samaín o pasado mártes 31 de outubro.
Grazas ás familias pola vosa colaboración na decoración, sodes todos uns artístas!!
CONTACONTOS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 06/11/2023 - 14:03As nenas de 3º Carla, Noemí e Mariña foron a lerlle o conto e " El amor de Rosi" aos nenos e nenas de 1º A. Daniela foi contarlle " Unha pantasma con asma" ao alumnado de 2º A e as alumnas de 5º A, Icía, Lorena e Ainara leron ao alumnado de 1º A o conto de "A casa do terror".
Fixeronno xenial!
OBRADOIRO DE DECORACIÓN PARA SAMAÍN
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 06/11/2023 - 13:55Para a decoración da biblioteca e ludoteca o Rato Leo fixo uns talleres de decoración da biblioteca para o Samaín. Tivo moitos participantes!!!
Gracias nenos e nenas pola vosa axuda!!!!Quedou chulísima!!!
Para celebrar a semna do Samaín o alumnado contacontos foi a ler contiños de medo as distintas aulas. aquí vos deixamos un pequeniño resumo de como foi.
No día do samaín o alumnado contacontos recibiu uns datalliños a cargo da súa mascota Leo. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Fixéstelo xenial!!
LECTURAS RECOMENDADAS PARA SAMAÍN
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 30/10/2023 - 11:09Neste Samaín o expositor da biblioteca está cheo de novas recomendacións e novedades de libros con temática de samaín.
Bótalle un vistazo e vive este samaín cun libro arrepiante!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »