Saltar navegación.
Inicio

URXENTE!! RESTABLECESE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

URXENTE!! ADMISIÓN DO ALUMNADO:

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado a partir do día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.

Infórmase ás familias que, para presentar a documentación, se lles atenderá na secretaría do centro en horario de 10:30 ás 13:00 horas dende o día 11 de maio ao 18, ambos incluidos.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro en horario de mañá. Para recordar que necesitan entregar no centro pode acceder aquí á publicación anterior onde se detalla.

Atendendo ás medidas de seguridade recomendadas, rógase manter a distancia prudencial no momento da espera para a entrega da documentación, así como o uso de mascarillas e luvas.

Para ter máis información poden consultar o DOG número 86, do mércores 6 de maio, no seguinte enlace onde se recolle a informacion relativa aos acordos en educación e prazos establecidos ( á partír da páxina 19132).

O equipo directivo