Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

MURAL UNIVERSAL DÍA DA INFANCIA

O día 20 de Novembro conmemoramos o Día Mundial da Infancia, aquí unha pequena mostra da aportación de cada aula para o noso mural:

 

LECTURAS RECOMENDADAS POLO SAMAÍN

Dende o Equipo de Biblioteca fixemos a nosas recomendación para levar a cabo lecturas relacionadas coa conmemoración do Samaín 2020

 

 

20 DE NOVEMBRO-DEREITOS DA INFANCIA

O alumnado de 1º A traballou así os Dereitos da Infancia para conmemorar o 20 de Novembro:

(prema na imaxe)

LECTURAS CON VALORES 1º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º de primaria animouse a explicar as lecturas con valores dos contiños que máis lles gustaron, velaquí a primeira mostra no seguinte vídeo:

(Preme na imaxe)

 

 

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2020 NO SAN VICENZO DE VIMIANZO

Hai anos, o 1 de novembro, tras a noite de Samaín, as avoas e nais cosían colares ou pulseiras de zonchos para os máis pequenos da casa.

Algúns historiadores afirman que se facían coa crenza de que cada castaña comida era un alma salvada e outros opinan que se facían como amuleto para protexer aos nenos dos malos espíritos.

Este ano rescatamos esta vella tradición para que non quede no esquecemento e para ter unha boa oportunidade para comer un puñado de saborosas castañas. Para ver o resultado accede o seguinte vídeo:

EDLG

 

 

Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2021-2022

O Plan de Adaptación á Situación COVID 19 é un documento vivo que se vai adaptando aos cambios e propostas novas que saen nos PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA, elaborados pola Xunta de Galicia. Debido a isto calquera norma ou medida recollida no Plan de Adaptación pode ser obxecto de cambio, na medida en que no lo esixa a lexislación vixente. 

 

 

 

 

PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020/2021

Distribuir contido