Skip to Content

Complementarias

Ti si que es un bo peixe!

Dentro do Proxecta "Aliméntate ben" realizamos o obradoiro "Ti si que es un bo peixe"

O obxectivo deste programa é o coñecemento dos produtos do mar de Galicia (obtención, pesca..) e a promoción  do seu consumo.

Dividiuse en dúas partes, na 1ª coñecimos as propiedades, vitaminas e beneficios de varias especies de peixes e mariscos....e ata bailamos!

Na 2ª, como non se poden facer as saídas que se facían outros anos, tivemos unha "excursión virtual" con gafas de realidade aumentada, que chulada!!! Tamén degustamos un delicioso bocata e unha ensalada.

Mandados do Meco: Mércores

Hoxe os profes despistámonos coas fotos!

Entroidadas

Cada día da semana teredes que seguir estas premisas: 

O LUNS, día máis traballador, ven á escola cunha flor.

O MARTES, se guapo/a queres estar, unha gravata debes levar.

Se o MÉRCORES te queres divertir, cun mandil tes que vir.

Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2021

Como cada 30 de xaneiro (neste caso o 29) conmemoramos no cole o Día Escolar da Non Violencia y da Paz

Este ano polo protocolo COVID non puidemos celebrar todos xuntos, como nos gusta! Así que fixemos dous murais colaborativos e un traballo de investigación sobre diversos Premios Nobel da Paz.

Este é o resultado.

Esperemos que moi pronto poidamos volver a facer actividades conxuntas.

Magosto 2020

O Magosto no foi a festa que tanto nos gusta pero, a pesares das circunstancias, non deixamos de celebrar esta tradición galega e degustamos sabrosas castañas que o profe Peque asou para nós. Que ben nos souberon!! Moitas grazas!

Como non puidemos facer xogos, a profe María, Borja e Lucio (o conserxe que substitúe a Julio) amenizáronos cunhas pezas de música tradicional. Que ben soaba!!

Ademais contamos cunha preciosa exposición sobre instrumentos tradicionais, que podedes ver no seguinte vídeo, cedida pola asociación "Pésdebarro" Mil grazas!! 

Día da bici 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut