Responder ó comentario
Entroidadas
Cada día da semana teredes que seguir estas premisas:
O LUNS, día máis traballador, ven á escola cunha flor.
O MARTES, se guapo/a queres estar, unha gravata debes levar.
Se o MÉRCORES te queres divertir, cun mandil tes que vir.
O XOVES, día de gozo, ponte viseira como se foras un mozo.
E o VENRES o ENTROIDO quedará rematado,
e de CHOQUEIRO virás disfrazado!
Non esquezades traer a vosa merenda típica do Entroido para o venres.