Skip to Content

Inglés

Theatre in English: The King's servant

Por fin puidemos volver a invitar a Kids&Us ao cole para gozar coas súas Stories

Nesta ocasión a peza era "The King´s servant" e pasamos un rato moi divertido saudando ao rei e axudando ao seus serventes.

Mil grazas a Kids&Us,  coma sempre un pracer recibirvos no cole.

Let's paint like Pollock!

Dentro do proxecto "Sabela Artista" estamos coñecendo un montón de artistas.

Agora era o turno de Jackson Pollock, artista americano que tiña unha maneira moi especial de pintar.

Versionamos a súa obra pintando con canicas, foi moi divertido e os resultados espectaculares, non vos parece??

 
Tamén fixemos outra versión particular de Pollock "pintando" con esmalte de uñas, a nós encantounos e a vós? que vos parece?
 

Debuxámonos!!

Este curso nas clases de Arts and Crafts traballamos un montón o debuxo.

Debuxámonos en setembro e volvemos a facelo en xuño.

Como poderedes ver no vídeo os resultados son fantásticos. Non podiamos crer que melloraramos tanto!!

 

How to draw .......

Este curso tanto en 1º como en 2º na materia de plástica, aprendemos a debuxar.

Grazas as indicacións que nos facía a Hub family do canal Art for Kids Hub aprendemos a debuxar personaxes e un montón de animais.

A que son chulísimos os nosos debuxos?? (non están todos os que fixemos, so unha pequena mostra do que somos capaces de facer)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut