Skip to Content

Escola de pais

Charla de nutrición

Este venres 10 organizouse conxuntamente coa A.N.P.A. Casanova, unha charla dirixida ás familias sobre alimentación saudable. 
A charla correu a cargo de Alejandra Soto, dietista-nutricionista de Vilagarcía, que conta con gran experiencia neste campo.
Creouse un grupo moi participativo, donde se preguntaron dúbidas, saíu á luz algunha que outra dificultade para poder consumir produtos de calidade...
Resultou unha charla moi enriquecedora e productiva!
 

A ARTE DE VER E MIRAR

2015 IDEAS PARA CAMBIAR O MUNDO

Esta semana desenvolvemos o taller "2015 ideas para cambiar o mundo" da man dunha monitora de FETE-UGT e financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), no que se pretende escoitar as ideas e propostas dos nenos para solucionar os problemas que nos rodean e desenvolver actitudes para a construcción dunha cidadanía responsable.

CINCENTA

O martes día 20 o alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria realizou unha doble actividade.

Comezaron cunha visita ó porto de Vilagarcía na que se achegaron ó funcionamento do porto e as actividades que alí se desenvolven.

Logo, asistiron á representación teatral de Cincenta no auditorio.

Todos chegaron contentísimos con esta experiencia.

OS DEREITOS DOS NENOS

O pasado martes día 20 celebrouse no Concello de Vilagarcía de Arousa un pleno infantil para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos. O noso colexio estivo presente representandonos con 3 concelleiros. Alí fixemos propostas para defender os dereitos dos nenos e peticións para mellorar o noso entorno.

PLENO INFANTIL

20/11/2012 10:00
20/11/2012 12:30
Etc/GMT+1

O alumnado do 6º curso asistirá un ano máis á celebración do Pleno Infantil que ten lugar o Día dos Dereitos dos Nenos no Concello de Vilagarcía de Arousa.

 

CINCENTA

20/11/2012 10:50
20/11/2012 14:50
Etc/GMT+1

O alumnado de EI e 1º ciclo de Primaria, asistirán á representación teatral de Cincenta no auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Este mesmo día realizarán unha visita guiada ó Porto de Vilagarcía.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Estase a desenvolver unha campaña de recollida de alimentos de primeira necesidade no noso centro para entregar á ONG Amigos de Galicia. Todas aquelas persoas que queiran colaborar con esta causa poden achegar ata o día 29 de novembro GARAVANZOS, LENTELLAS, AZUCRE E ACEITE.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

O outono chegou a Rubiáns

Xa chegou o outono! E para celebralo estamos a realizar unha exposición fotográfica sobre o tema. Animámosvos a todos a participar traendo fotos (orixinais, de revista...) acompañadas dun refrán, un dito, unha poesía...

Coa vosa axuda quedará preciosa.

O outono chegou a Rubiáns

Novos materiais para o patio de Infantil

Unha vez máis a Anpa colabora co centro aportando un ximnasio para o patio de Educación Infantil, caldeiros e pas.

Moitas grazas.

Novos materiais para o patio de Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut