Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Muller tiñas que ser!

Un dos alicerces da nosa escola é Educar en Igualdade.

Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.

Por iso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia")  tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.

Escollemos os nomes de, entre outros, o libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.

"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"

 


8M. Día da Muller

Hoxe descubrimos que son moitas as científicas nos equipos de investigación, pero van perdéndose como goteiras nunha tubaxe se miramos máis arriba nos postos de dirección debido ao teito de cristal e ao chan pegañento. 
 
Tamén soubemos da man de María de la Fuente Freire, directora do grupo de nano-oncoloxía do IDIS, que en Galicia aprobouse unha lei para que as científicas non sexan penalizadas por ser nais. A Lei Ángeles Alvariño foi promovida por ela mesma despois de ser penalizada por ser nai.
 
María explicounos que están investigando para que teñamos medicinas personalizadas e tamén que os nanomedicamentos teñen o diámetro dun cabelo e levan a menciña xusto a onde fai falta.
 
Despois visitounos Teresa Brianes, empresaria e directora da área de Comunicación e Marketing de Dos Espacios, para falarnos de tecnoloxía, e explicounos que hai moitas menos mulleres en tecnoloxía, sendo maioría na Universidade.
 
Teresa explicounos que na súa empresa máis da metade do equipo está formado por mulleres, aínda que non é o habitual. Contounos que ademais de páxinas web, traballan coa Realidade Aumentada, entre outras cousas, para que poidamos ver un museo ou un lugar, se non podemos facelo físicamente. Para conseguilo, na empresa, aínda que é de tecnoloxía, tamén traballan persoas que estudaron historia, publicidade, deseño gráfico, sistemas, programación...
 
As dúas animaron, tanto a nenas coma nenos, a fixarse moi ben en todos os traballos que hai para que poidan escoller o que máis lles gusta, independentemente do seu xénero.
 
Moitas grazas ás dúas por colaborar connosco!
 

 

Charla 11F. Oceanógrafas do pasado e do futuro

Hoxe tivemos a sorte de comezar as conmemoracións polo Día da Muller e da Nena na Ciencia da man da oceanógrafa e mestra da Universidade de Vigo, que chegou ao cole cargada de imaxes, lupas binoculares, mostras para a observación, reproducións de fósiles en tamaño grande... A cousa pintaba ben!

Aprendemos unha morea de cousas sobre o labor das mulleres no estudo dos océanos, a obtención de mostras, os fósiles, a importancia das cadeas tróficas e como inflúe o que pasa na superficie no fondo do mar..., pero o que máis lle gustou a tooooda a rapazada foi mirar polas lupas binoculares as mostras de area que trouxo, onde puideron buscar fósiles.

Celebramos o 11F coñecendo a mulleres que estudaron os océanos no pasado e tendo claro que hai que adicarse ao que nos guste, independentemente de se es neno ou nena. Quen sabe se das nosas aulas sairá unha oceanógrafa do futuro!

Átomos que xogan ao pilla pilla, La Voz de Galicia, 7 de febrerio de 2023

Los alumnos de Rubiáns se sumergen en el océano, Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2023

 

 

25 N 2022

Hoxe conmemoramos o 25 N día internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademais dos diferentes traballos na aula, todos xuntos vimos o vídeo do conto que fixeramos entre todos "O Chuvasqueiro de Aurora" a versión de 5 anos da canción "Así bailaba" e o vídeoclip elaborado polos centros educativos do Concello "Justito a tiempo" 

Despois fixemos unhas fotos con panos nas mans en apoio ás nenas iranís, en loita dende o asasinato de Mahsa Amini por non levar o velo ben posto. 

O alumnado de 5º fixo unha adaptación do conto para contarlles ao resto dos cursos. Quedoulles xenial! 

25 N : O chuvasqueiro de Aurora

Versión realizada polo alumnado de primaria do conto sobre a violencia de xénero "El chubasquero de Aurora" de María Márquez.

Nesta ocasión, o conto amosa os sentimentos dunha nena que sofre os malos tratos do seu pai cara á súa nai. Un conto duro que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de poñerlle freo aos casos de maltrato tanto polo ben persoal, como polo dos fillos e fillas.

O alumnado de 1º e 2º púxolle voz ás ilustracións realizadas polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º e que colorearon dixitalmente os maiores.

Hoxe, o alumnado de 5º, fará unha representación para os máis pequenos do cole.

Así bailaba

O alumnado de 5 anos realizou unha versión da canción de Amaia e Rigoberta Bandini para romper os estereotipos de xénero.

A que lles quedou xenial? Mirade.

25N: Videoclip colaborativo cos centros do Concello

Non cabe dúbida que para conseguir algo importante necesítase a unión na loita por unha causa común. Convencidos diso, os centros educativos da cidade unímonos para cantar á esperanza bailando Justito a tiempo, de Rozalem e Kany García.

Día da Ciencia en Galego: Ángeles Alvariño

Coñece a Ángeles Alvariño

Demostra o que aprendiches

Distribuir contido


by Dr. Radut