Skip to Content

Muller tiñas que ser!

Un dos alicerces da nosa escola é Educar en Igualdade.

Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.

Por iso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia")  tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.

Escollemos os nomes de entre as 100 mulleres que aparecen no libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.

"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"

 


 

Actividades realizadas no cole: 

CURSO 18-19

Videoclip da canción "Concepción Arenal" (alumnado de 5 anos)

Memoria das actividades de Igualdade realizadas este curso

 

 

Who is who? da igualdade

 

 


CURSO 2017-18 

O 11 de febreiro, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no cole fixemos un pequeno vídeo para concienciar de que as nenas podemos dedicarnos a calquera cousa que nos propoñamos.

Podes coñecer mulleres científicas e máis datos desta iniciativa nos seguintes enlaces:

 


CURSO 2016-17

Entrevistamos a diferentes mulleres que traballan en algo relacionado co mar; aquí tedes o vídeo da entrevista a María, unha peixeira da praza de Vilagarcía.

 

Un mar de mulleres

A muller e o mar:


 

CURSO 2015-16 

Xogando aprendemos, sen darnos conta, moitos valores. 

Porque educar en igualdade é cousa de todos, axudemos aos nosos fillos a non deixarse influir por campañas publicitarias que defendan roles sexistas.

Xoga cun xoguete calquera;

que máis dá se es neno ou nena!

 


CURSO 2014-15

Canción "Que bonito é .....ser muller"



page | by Dr. Radut