Skip to Content

Nancy Wake

Actividades da promoción 2014

Día da Internet segura

Hoxe conmemoramos o Día da Internet segura cun obradoiro no que aprendemos a detectar o fraude en videoxogos da man do Incibe, fixándonos moi ben en todo o que vemos.

O obradoiro foi moi interesante e aprendemos moitas cousas: que non debemos falar con descoñecidos, que non nos van dar nada gratis e seguro que quedan cos nosos datos, que debemos estar atento ás pistas que nos din que é moi probable que sexa un fraude, coma o nome ou o uso de palabras do tipo "gratis", como comprobar se é unha web segura...

Dentro da web do Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridade) atopamos un apartado para menores, nais e educadores con información, consellos, materiais e recursos, Internet Segura for Kids (IS4K).

Lembrade que consultar as vosas dúbidas no teléfono de axuda 017.

 

Comeza a Digitalweek!

Onte comezou unha aventura para un grupo de alumnos e alumnas do colexio a través da cal mergullaranse durante unha semana nun campamento de lingua inglesa, no que farán actividades tecnolóxicas, xogos e ata unha visita cultural. Que sorte aprender dunha maneira tan divertida!

 

Pasádeo moi ben e aprendede moito!

Excursión de Fin de Curso

Hoxe o cole quedou baleiro!

Marchamos de excursión! Aínda que debido á previsión metereolóxica non puidemos facer a xornada de convivencia como nos gustaría, tivemos dúas actividades moi divertidas.

Mentres que o alumnado de infantil visitaba o Parque de Bombeiros do Salnés o alumnado de primaria realizaba a Ruta da Pedra e da Auga.

Os pequenos/as pasárono xenial probando o equipamento dos bombeiros, subindo aos coches e ata utilizando as mangueiras!!

Os maiores aprenderon sobre a orixe do Mosteiro de Armenteira e realizaron unha busca de pistas moi entretida. Despois conectaron coa Natureza camiñando pola Ruta da Pedra e Da Auga. Que marabilla!

Debido á choiva non puidemos comer todos xuntos na Aldea Labrega como tiñamos pensado pero aínda así foi un día moi divertido.

 

Camiño de Santiago

O alumnado de 5º e 6º cargados de ilusión marcharon ben cediño para facer a última etapa do Camiño de Santiago, polo Camiño Sanabrés, dende a Capela de Outeiro ata a Catedral. Marchamos con moita enerxía nun principio e, aínda que as forzas foron quedando polo camiño, chegamos ao Obradoiro exultantes. Algunha bágoa de emoción rodou polas meixelas!

Visitamos o Pórtico da Gloria; que bonitiño está despois da restauración! E tamén entramos na Catedral (moitos de nós por 1ª vez) pola Porta Santa. Despois de dar unha volta por dentro, baixar a ver o sepulcro e atender ás explicación sobre o botafumeiro ou o órgano saímos pola Quintana e de seguido en busca do autobús pois xa nos quedaban poucas baterías.

Tiñamos moitas ganas de chegar a Rubiáns. A pesares do cansancio foi unha xornada de convivencia e esforzo moi positiva, que esperamos poder repetir en cursos vindeiros.

 

Videoconferencia co CEGAC

A arte contemporánea colouse no colexio a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A través dunha videoconferencia puidemos observar obras de arte que non o parecen e un museo que ten de todo, non só pinturas.

Fixemos o noso retrato da maneira tradicional e logo a partires de garabatos. Que interesante!

Despois tamén debuxamos con diferentes cores ao ritmo da música. Unha actividade ben interesante que nos fai reflexionar sobre a influencia da música no noso estado de ánimo e de como este se reflicte nas obras.

Dende o museo propóñennos facer Land Art, que consiste en crear unha obra na natureza ou nunha paisaxe urbana empregando elementos naturais: area, paus, pedras... Animádesvos? 

Visita ao Pazo de Rubianes ( 3º-4º-5º-6º)

Último día de visitas ao Pazo de Rubianes.

Primeiro o alumnado de 3º e 4º e logo os maiores de 5º e 6º

O denomidador común a todas as visitas foi o encantado que volveu o alumnado de poder visitar un lugar tan destacado da nosa Parroquia.

Tiñamos moitas ganas e a visita non defraudou. Moitas grazas por acollernos! Esperamos repetila moi pronto! ;-)

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut