Skip to Content

Silvia Earle

Actividades da promoción 2015

Material Escolar 23-24

 

    Adxuntamos a listaxe do material para o curso 2023-24

Excursión de Fin de Curso

Hoxe o cole quedou baleiro!

Marchamos de excursión! Aínda que debido á previsión metereolóxica non puidemos facer a xornada de convivencia como nos gustaría, tivemos dúas actividades moi divertidas.

Mentres que o alumnado de infantil visitaba o Parque de Bombeiros do Salnés o alumnado de primaria realizaba a Ruta da Pedra e da Auga.

Os pequenos/as pasárono xenial probando o equipamento dos bombeiros, subindo aos coches e ata utilizando as mangueiras!!

Os maiores aprenderon sobre a orixe do Mosteiro de Armenteira e realizaron unha busca de pistas moi entretida. Despois conectaron coa Natureza camiñando pola Ruta da Pedra e Da Auga. Que marabilla!

Debido á choiva non puidemos comer todos xuntos na Aldea Labrega como tiñamos pensado pero aínda así foi un día moi divertido.

 

Videoconferencia co CEGAC

A arte contemporánea colouse no colexio a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A través dunha videoconferencia puidemos observar obras de arte que non o parecen e un museo que ten de todo, non só pinturas.

Fixemos o noso retrato da maneira tradicional e logo a partires de garabatos. Que interesante!

Despois tamén debuxamos con diferentes cores ao ritmo da música. Unha actividade ben interesante que nos fai reflexionar sobre a influencia da música no noso estado de ánimo e de como este se reflicte nas obras.

Dende o museo propóñennos facer Land Art, que consiste en crear unha obra na natureza ou nunha paisaxe urbana empregando elementos naturais: area, paus, pedras... Animádesvos? 

A Ruta das Esculturas: 3º e 4º

 Este venres foi a quenda do alumnado de 3º e 4º para descubrir a nosa particular "Ruta das Esculturas"

 Da man dos mellores guías turísticos Aitor e Jack percorrimos as rúas moi atentos ás súas explicacións.

Cantas cousas aprendemos!

Esta actividade estanos gustando moito.

 

Visita ao Pazo de Rubianes ( 3º-4º-5º-6º)

Último día de visitas ao Pazo de Rubianes.

Primeiro o alumnado de 3º e 4º e logo os maiores de 5º e 6º

O denomidador común a todas as visitas foi o encantado que volveu o alumnado de poder visitar un lugar tan destacado da nosa Parroquia.

Tiñamos moitas ganas e a visita non defraudou. Moitas grazas por acollernos! Esperamos repetila moi pronto! ;-)

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut