Skip to Content

Medio ambiente

RECICLA, REUTILIZA E REDUCE!

Saúdos ecoamig@s!

Como sabedes, dende o Proxecto de Voz Natura do noso colexio, estamos traballando ano tras ano nas 3R (RECICLA, REUTILIZA E REDUCE). 

Como a estas alturas de curso tiñamos que estar con "Sachiño" no horto escolar, e debido á alerta sanitaria estamos nas nosas casiñas, pois vamos seguir aproveitando o tempo e reciclando dende a nosa casa.

Esta vez propoño tres actividades de reciclaxe:

1- Unha regadeira.

2- Unha paliña para o horto.

3- Un sementeiro ou maceta.

Para elo necesitamos dúas garrafas de deterxente ou lexíbia e bricks de leite ou zume.

Estas son as ideas:

CREA O TEU MINI HORTO CASEIRO

Ola pequenos/as agricultores/as!

Como fai unhas semanas vos enviei un traballiño sobre as prantas aromáticas e as froitas, esta semana envíovos unhas ideas para poder ter un mini horto nas vosas vivendas, tanto para pisos como para casas.

Espero que vos guste a idea, e sobre todo quero vervos coas máns na terra!! Veña! A traballar!!

 

ETIQUETAS PARA O HORTO

Saúdos amigos e amigas!

Esta semaniña deixamos por aquí unha idea para as nosas macetas ou o noso horto.

Coa situación actual estamos coidando máis e mellor os nosos hortos, xardíns e prantas, e a nós mesmos coa nosa alimentación, claro está.

Pois iso, todas aquelas familias que teñan parcelas ou prantas, poden sacar algunha idea de aquí para poñer máis fermosa a súa casa.

esperamos que vos gusten!

Proposta medio ambiente

Para esta semana temos unha proposta moi chula do equipo de medio ambiente!

Se vos animades enviade as vosas fotos á profe Silvia.

decora o teu balcón

Documental "A illa de plástico"

Ola amigas e amigos!

Agora que temos tempo na casiña, e que vimos claramente a influencia que teñen os nosos actos no medio ambiente durante este confinamento, deixo aquí un enlace para ver o famoso documental "A illa de plástico", gañador do "Mellor Documental"(2019) de La Silla, República Dominicana. Producida por Gilberto Morillo, Nashla Bogaert e David Maler. Dirixida por José María Cabral.

Vale a pena reflexionar!!

Cámara, luces e acción!!

CONCURSO ARTE CON SOGAMA

Bo día familias!

Este curso participamos no Concurso de Arte de SOGAMA. 

O noso centro presenta o panel que fixemos nos obradoiros das TRES ERRES onde empregamos diversos materiais de refugallo e material reutilizable: tea, cartón, papel, botes de deterxente, latas, chapas, esponxa, madeira, etc.

O eslogan do noso cartel é o seguinte:

"RECÍCLATE: POR TI, POR ELES!"

Desexádenos sorte! 

PATRULLAS VERDES

Bo día amig@s!

Como podedes observar este ano seguimos coas PATRULLAS VERDES recollendo o lixo dos patios e recordándolles aos compañeiros e compañeiras que o temos que manter limpo e reciclar os plásticos, orgánicos e cartóns e papeis nos contenedores habilitados para elo dentro do recuncho "Recíclate".

PLANTACIÓNS DE PRIMAVERA II PARTE

Boas amig@s!

Como podedes ver nas anteriores imaxes, co comezo da primavera seguimos facendo limpeza no horto.

O alumnado de 5 anos aprobeitou o bo tempo para plantar amorodos nos ocos vacíos e peparar o terreo para a próxima plantación.

PLANTACIÓNS DE PRIMAVERA

Bo comezo da primavera amig@s!

Xa chegou o tempo de transplantar, sementar e plantar plantas, frutais e hortalizas, pero tamén o tempo do sol, das abellas e do pole!

En educación infantil xa comezamos hai unhas semaniñas cambiando de macetas as plantas máis antigas e plantando os cactus, as plantas de tempada e os abetos da entrada.

Deixámosvos unhas fotiños e esperemos que vos guste como quedou a entrado do noso colexio!

Agora tócalles aos de Educación Primaria plantar nas novas macetas para situalas na entrada traseira. 

RECICLANDO POLA PAZ (OBRADOIROS DAS TRES ERRES)

Como podedes observar nas imaxes, aproveitamos calquera actividade programada para sacar a imaxinación a relucir e reciclar, reducir e reutilizar material de refugallo!

Nesta ocasión fixemos a palabra "PAZ" con CD´S reutilizándoos e pegándolles as nosas caras.

Quedou xenial! Podedes ver o vídeo do Día da Paz neste enlace: Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut