Skip to Content

Fins educativos

FINS EDUCATIVOS

No CEIP de Rubiáns pretendemos contribuír ao desenvolvemento pleno da personalidade e das capacidades do noso alumnado.

Para conseguilo e, coa finalidade de acadalo ao final da escolarización no Centro, propóñense os seguintes puntos:

  • Formación para a paz, o respecto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e a solidariedade e no respecto da pluralidade lingüística e cultural de España e da interculturalidade.
  • Formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e na resolución pacífica dos mesmos.
  • Preparación para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida do entorno social, económico e cultural, con actitude crítica e responsable.
  • A efectiva igualdade de dereitos entre os sexos, e o rexeitamento a todo tipo de discriminación e igualdade de trato coas persoas con minusvalías.
  • Preparación para participar activamente na vida social e cultural e fomento dos hábitos de comportamento democrático.
  • Educación na responsabilidade individual e no mérito e esforzo persoal.
  • A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo.
  • Desenvolvemento das capacidades creativas, do espírito crítico e da confianza en si mesmo.
  • Desenvolvemento de hábitos saudables, o exercicio físico e o deporte.
  • Adquisición de valores que propicien o respecto e o coidado cara os seres vivos e o medio ambiente.
  • Capacitación para a comunicación  nas dúas linguas oficiais, e nunha lingua estranxeira.
  • Adquisición de normas de educación vial.
  • Participación e colaboración dos pais e/ou titores para poder acadar os obxectivos educativos.
Distribuir contido


by Dr. Radut