Skip to Content

Máis e Mellor Actividade Física

Non hai idade para facer deporte

O venres visitounos Avelino Barreiro, ciclista vilagarcian de 84 anos e avó dun alumno do cole.
Deixounos a todos abraiados, pois no 2021 fixo 25.000 km e cada día pedalea sobre 200 km. A súa vitalidade e paixón son dignas de eloxio.
 
Grazas a el quedounos ben claro que a vondade e o esforzo son moi importantes, que hai que facer deporte, alimentarse ben e ter moito coidado se circulamos pola estrada, e sempre sen esquecer o casco.
 
Parabens pola túa constancia e moitas grazas por compartilo connosco!
 

 

Premios Proxecta

Hoxe foi un día moi especial para o alumnado do noso cole. En presenza do Conselleiro de Educación e outras personalidades da Xunta de Galicia, unha representación do centro recibiu o Premio Proxecta de Innovación Educativa pola promoción dos hábitos saudables a través de varios programas deportivos.

Estos galardóns de innovación premian as boas prácticas educativas que se están a realizar nos centros galegos. Para un centro pequeno como o noso é unha honra e un orgullo estar entre os 8 centros seleccionados.

Aproveitando que estabamos na Cidade da Cultura, visitamos a impresionante biblioteca do Gaiás!  

Enlace á noticia na web da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20191

 

O noso proxecto

Hai xa varios anos que no noso centro, temos claro que a saúde é un tema prioritario á hora de fomentar hábitos durante a etapa escolar. Proba diso é que xa levamos tempo participando en distintos programas que parten da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do Plan "Galicia Saudable", por exemplo, o programa "Xogade" . Ademais promóvense recreos activos, fomentamos a práctica da actividade física fóra do horario escolar, etc.

Aos poucos, a área de Educación Física foise convertendo nun elemento vertebrador da maioría das actividades do centro que gardan relación directa coa saúde, pero a realidade escolar marcábanos que sería moito máis significativo e enriquecedor para o noso alumnado, fomentar a aprendizaxe da saúde dun modo máis integral e interdisciplinar. Por iso, cada paso que damos vai nesa dirección. Temos claro que é imprescindible fomentar a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización dos alumnos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut