Skip to Content

Oferta educativa

OFERTA EDUCATIVA

A oferta educativa do CEIP Plurilingüe de Rubiáns abrangue:

  • Educación Infantil, dos 3 aos 6 anos.
  • Educación Primaria, dos 6 aos 12 anos.

Ademais das ensinazas marcadas no Decreto que regula as ensinanzas mínimas a impartir en EI, o alumnado do centro recibe clases de Psicomotricidade e Educación Músical dende os 3 anos.

No curso 2019-2020 entramos na rede de Centros Plurilingües. Na actualidade  impartimos Plástica en inglés en 1º,  2º, 3º, 4º e 5º de E. Primaria. Progresivamente irase engadindo un nivel ata acadar a totalidade da etapa de primaria. Mentres tanto continúan as seccións bilingües 6º. Ademais tamén dispoñemos do programa Plurinfantil polo que se aumenta o horario de inglés nas aulas de 3, 4 e 5 anos.

No curso 2019-2020 convertémonos en centro E-dixgal, esto supón que o alumnado de 5º e 6º dispón dun portátil e deixa de traballar con libros en papel.

Distribuir contido


by Dr. Radut