Skip to Content

Responder ó comentario

Magosto 2020

O Magosto no foi a festa que tanto nos gusta pero, a pesares das circunstancias, non deixamos de celebrar esta tradición galega e degustamos sabrosas castañas que o profe Peque asou para nós. Que ben nos souberon!! Moitas grazas!

Como non puidemos facer xogos, a profe María, Borja e Lucio (o conserxe que substitúe a Julio) amenizáronos cunhas pezas de música tradicional. Que ben soaba!!

Ademais contamos cunha preciosa exposición sobre instrumentos tradicionais, que podedes ver no seguinte vídeo, cedida pola asociación "Pésdebarro" Mil grazas!! 

O tempo acompañou, así que pasamos un rato moi agradable no patio. Esperemos que para o curso poidamos celebrar o Magosto como nos gusta.

Responder



by Dr. Radut