Escolares , 1º Ciclo , 2º Ciclo , Ed. Infantil, 3º Ciclo, Blog de 3º Ciclo

WINTER CRAFTS

Dende a materia de Art estamos a traballar a estación do inverno, traballando contidos e vocabulario básico desta estación e empregando como fío condutor das tarefas a seguinte canción titulada I´m a little snowman no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria. No seguinte vídeo podedes escoitar a canción.

Vídeo recuperado de: Youtube.com Canal: Super Single Songs.

Estivemos a traballar e perfeccionar o trazado de liñas rectas mediante a realización de copos de neve.

  

Ademais, tamén elaboramos o noso propio boneco de neve personalizado que colgamos como decoración nas ventás da entrada do cole. 

 

Co 3º ciclo estivemos a realizar unha paisaxe nocturna de inverno, empregando material reciclado como os periódicos. Deixaron voar a súa creatividade e o resultado é o seguinte.

   

 

 

Winter Vacation Christmas GIF by DINOSALLY - Find & Share on GIPHY

FINALIZACIÓN 1º AVALIACIÓN

Comezamos o día 21 recibindo do noso profesorado un agasallo para cada un/una¡ha de nós e as recomendacións lectoras do colectivo Lemos Le!

E, para finalizar a primeira avaliación organizamos un festival de Nadal no centro sociocultural ás 11.30 horas. Aínda que pasamos moitos nervios, fixémolo moi ben y esperamos que vos gustase moitísimo!

 


 

Grazas a todxs xs que vos acercastedes a pasar un ratiño con nós! E moitas grazas tamén, as familias e profesorxs que participaron na actuación grupal de panxoliñas.

 

Grazas tamén, ao Concello de Bóveda por traernos a Papá Noel ata aquí! Foi unha auténtica sorpresa!

Oxalá que os desexos do noso alumnado se fagan realidade neste Nadal!

  

BO NADAL!

 

CONTACONTOS O APALPADOR

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega programouse un contacontos sobre o Apalpador, o mítico carboeiro, procedente das montañas do Courel, que baixa na noite do 31 de decembro a apalpar as barriguiñas dos máis cativos.

A profe Noelia, leéunos o conto Antón e o apalpador da editorial Barafunda, un pequerrecho que coñeceu, por sorpresa ao Apalpador, buscando a súa tía Mariña.

 A continuación da lectura e da posta en común, as profes entregáronnos a cada un de nós un colgante cun debuxo para colorear do Apalpador que levamos para as nosas casiñas. 

 

Tamén, escoitamos a canción de Paco Nogueiras titulada "O Apalpador".


Nas noites previas a chegada do Apalpador a xente soían cantar o seguinte:

Vaite logo meu neniño,

marcha agora para camiña.

Que vai vir o Apalpador 

a palparche a barriguiña.

Sabedes que ao Apalpador tamén se lle pode chamar Apalpadore ou Pendigueiro?

Ademáis, o alumnado que así o quixo puido facer un debuxo do Apalpador para facer una tarxeta de Nadal virtual e, con ela, felicitarvos as festas. O debuxo elixido foi o de Hugo Lagoa Sánchez de 6º de Educación Primaria. Parabéns polo teu traballo!!

 

 Encantounos a historia!! Apalpador, estamos desexando que veñas a apalpar as nosas barriguiñas!!

O apalpador chega a Frian! | CEIP PLURILINGÜE FRIAN-TEIS (VIGO)

FESTIVAL DE NADAL 2023

.

DECORACIÓN DE NADAL

Coa chegada de Decembro comezamos a decorar o noso cole para esta festividade!

Comezamos poñendo a árbore de Nadal na entrada do centro e, o alumnado que quixo participar axudou a poñer o nacemento.

Mirade que bonito quedou!!!

    

 

 

 

Na materia de Arts, estivemos a realizar diferentes adornos para os nosos corredores.

 

 

Tamén, temos outra árbore de Nadal na planta de arriba a cal decoramos cas nosas propias manualidades!!

  

BO NADAL!!!

ACTIVIDADES NO NOSO HORTO ESCOLAR


Estas son as diferentes actividades que levaremos a cabo no noso horto durante os próximos meses. Prepararemos todo para a chegada da primavera. Mestres, investigaremos e estudaremos como coidar o noso horto a través do comité agrogandeiro. 

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

Estamos súper emocionadxs de anunciarvos a data do noso Festival de Nadal!! Estades todxs convidadxs!!!

Contamos con vós. 

 

 

20 gifs y fotos animadas de Navidad realmente graciosas

AUTUMN CRAFTS

Na materia de Educación Plástica e Visual (para nós Arts) estivemos a facer diferentes manualidades de outono empregando como recurso principal as nosas mans.

Empregando témperas, pintamos as nosas mans para realizar monstruosas arañas e cabazas de Samaín.

 

 

Tamén, realizamos árbores mesturando diferentes cores.

 

Por último, estamos a elaborar un ourizo cooperativo entre o alumnado e o profesorado do cole.

 

 

Os nosos corredores lucen moito máis bonitos coas nosas obras de arte.

 

We hope you like them very much!

GALERÍA DE IMAXES

 

SALSA DE TOMATE

COLLEITA DO NOSO HORTO

Distribuir contido