Dependencias

Dependencias do centro

O ceip Rosalía de Castro foi inaugurado no ano 1979, o día 06 de outubro, sendo delegada do MEC Dª Flora Veiga Aldariz.

Consta de dous edificios principais :

Nun deles, atópanse as dúas aulas de E.Infantil, a aula de usos múltiples e o ximnasio (no soto).Tamén dispón dun espacio interior de esparcemento no caso de condicións climatolóxicas adversas.

O outro edificio conta coas seguintes dependencias na planta baixa : comedor, secretaría, sala de profesores, biblioteca e aula de E.Musical. No primeiro andar están as aulas de E.Primaria , Inglés, Informática,Plástica e Relixión Católica.

No exterior hai un patio con dúas pistas deportivas e zona común de xogo. Tamén dispón dun patio cuberto.

As dúas entradas a ambos edificios teñen porche.

 

 

 

 

Distribuir contido