"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
Dependencias do centro
O ceip Rosalía de Castro foi inaugurado no ano 1979, o día 06 de outubro, sendo delegada do MEC Dª Flora Veiga Aldariz.
Consta de dous edificios principais :
Nun deles, atópanse as dúas aulas de E.Infantil, a aula de usos múltiples e o ximnasio (no soto).Tamén dispón dun espacio interior de esparcemento no caso de condicións climatolóxicas adversas.
O outro edificio conta coas seguintes dependencias na planta baixa : comedor, secretaría, sala de profesores, biblioteca e aula de E.Musical. No primeiro andar están as aulas de E.Primaria , Inglés, Informática,Plástica e Relixión Católica.
No exterior hai un patio con dúas pistas deportivas e zona común de xogo. Tamén dispón dun patio cuberto.
As dúas entradas a ambos edificios teñen porche.