O noso contorno

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

 

 Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 


"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

 

 

 Preguntas frecuentes

TOPONIMIA DAS NOSAS PARROQUIAS.

BÓVEDA .................  San Martiño

FREITUXE ...............  Santiago

GUNTÍN .................   San Cristovo

MOSTEIRO .............   San Pelaxio

REMESAR ...............   San Xoán

RIBAS PEQUENAS ...  Santiago

RUBIÁN ...................  San Fiz

TEILÁN ...................  Santa Baia

TUIMIL ...................  Santa María

VER ........................  San Vicente

VILALPAPE .............  San Bartolomeo

VILARBUXÁN ..........  San Bartolomeo

O convento de San Martiño de Bóveda

 O convento de San Martiño de Bóveda.

Di a lenda, que cando Galicia comezaba a poboarse de ermidas, un ermitán ergueu o seu humilde cuarto á beira da lagoa que existía naqueles tempos, en toda a extensión de terreo do que hoxe é o val de Bóveda.

Cando no século XI escomezaron as grandes peregrinacións a Santiago, erguéronse moitos conventos para albergue e descanso dos peregrinos. Por esa época, no lugar onde estivo a ermida da lenda, construíuse o de San Martiño de Bóveda, no que recibiron asistencia miles de peregrinos, chegando a ser moi poderoso , con moitas propiedades en cotos,vilas e lugares.

Pertenceu á xurisdición do Mosteiro de Samos e foi habitado por monxes da orde benedictina.

Ao redor do convento, no lugar chamado Souto, foise formando un poboado con edificios que ostentaban nas súas fachadas escudo de armas.

En Pacios ( por onde pasaba o camiño de peregrinos ), tamén se levantou outro grupo de casas. Estes dous barrios viñeron a constituir a parroquia de San Martiño de Bóveda.

A mediados do século XVIII aparecen coma donos do antigo convento Dona María de Oca e o seu fillo, Marqués de Viance, pasando anos despois a propiedade á familia Pedrosa, Marqueses de Villaverde.

Da antiga estructura do convento, só quedan restos dunha dependencia. Hai poucos anos, atopáronse esqueletes,sarcófagos de pedra e outros obxectos. ( Arquivo de Palacio ).

En Pacios, o camiño de peregrinos que agora chaman " Calle Oscura ", aínda ten un trozo empedrado ao estilo romano, con grandes losas en chapa-cuña.

 

A FERRERÍA DE PENACOBA

A FERRERÍA DE PENACOBA.

Seguindo a estrada de Vilarbuxán , hai que deixala e coller unha estreitiña para chegar á casa da Penacoba : non hai máis, é a única no estreito val fendido polo río.

A casa é grande, con largos muros de pizarra e impresionante entrada a xeito de cuberto sostido por altas columnas cilíndricas.

Os cuartos teñen o teito de castiñeiro, as paredes de pedra, os corredores de taboado alumeados pola luz natural que baixa dunha grande bufarda. Tamén ten unha solaina.

É unha casa de labregos con todos os servizos,dende forno ata carpintería e ferrería.

Esta última, está entrada na mesma pena, facendo de parede natural. O mazo, o fol, os distintos trebellos que os moven, póñense en funcionamento abrindo unha pequena comporta.

A auga baixa con forza dende un pequeno encoro que abeira o tellado dende onde segue unha canle natural excavada tamén na roca nun longo treito. A canle toma a auga do río, e a que non entra nela, baixa en fervenza preto do sitio.

Actualmente  a casa adícase ao turismo rural.

 

O PAZO DOS MARQUESES

O PAZO DOS MARQUESES DE VILLANUEVA DE LÍMIA.

 

Atópase no barrio de " O Souto " onda a estrada que vén de Quiroga.

É un pazo do século XVIII , actualmente unha residencia privada.

Os planos foron obra do arquitecto Domingo Lois Monteagudo,autor da fachada da Acibecharía da Catedral de Santiago, e rompe o estilo barroco característico dos pazos galegos.

Na fachada loce unha bonita solaina onde arcos,columnas e balaustrada de ferro, en contraste cos corpos laterais macizos,crea unha grata sensación que nos lembra aos palacios italianos.

Nas esquinas, reloxos de sol, e no lousado cataventos compoñendo galos.

Rodeado de buxos centenarios, cedros altísimos, tileiras e ata unha sequóia xa velliña.

Dentro, amplos salóns decorados con pinturas, cadros e mobles de diferentes estilos.

Castinande decorou unha das salas con sete cadros ao fresco sobre a vida de D.Quixote. Son como cromos en debuxos coloreados. Nun, asina o pintor como Juan de Castinande. Noutro pon o seguinte : " En 23 días dibujó y pintó Castinande estos siete cuadros en mayo de 1.834 ".

Na cociña todo é grande : aparadores, mesa, chimenea, en contraste cos pequenos detalles dos espellos ou da louza de cores. Unha cornisa de cantaría encuadra o teito.

UN TROVADOR NO CONCELLO DE BÓVEDA.

UN TROVADOR NO CONCELLO.                                                                

Vindo de Monforte, comeza o concello de Bóveda xusto despois da Serra de Freixo.Despois, de fronte para a esquerda érguese nun pequeno outeiro Vilalpape. Logo vén a Áspera e por fin Ver, porta da chaira deste concello.

Alá polo século XIII un trovador cantou grazosamente así :

" A Santa María fiz ir meu amigo

e non lle atendi o que pós conmigo,

con el me perdí,

porque lli mentí "

Trátase de PERO DE VER . Hai eruditos que o consideran bernés e afirman tamén que a súa vida transcurriu no País Vasco.

Amor Meilán defendeu a natureza luguesa de Pero de Ver, do que se conservan 8 cantigas, dúas de amor e seis de amigo ( o obxectivo de ambas é o amor ) que están gardadas nos Códices de Colocci-Brancuti  e da Vaticana.

Nos cancioneiros medievais figura como VEER ou BEAR, e o lugar, xa no século IX aparece como VAER, así que as derivacións levan sempre a este grupiño de casas arrodeando un castro dominado pola igrexa e baixo o que aínda se conserva a Casa-Torre coa súa balconada de cantaría.

Distribuir contido