Novas

DÍA DAS ESCRITORAS 2021: OLGA NOVO

Para conmemorar o Día das Escritoras, as bibliotecas que formamos o colectivo decidimos dedicar este día á escritora da nosa comarca María Olga Novo Presas (Vilarmao, 1975) pola súa importante traxectoria literaria.

 

     Este ano a comisaria da conmemoración é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema escollido "ler as idades da vida", por isto as diferentes bibliotecas afondamos no seu texto O pequeno petrucio e a naiciña nena no que comparte lembranzas da infancia. 

    Cada biblioteca traballou o texto durante varios días desde perspectivas diferentes: lectura, tradución, ilustración, investigación... e agora podedes ver o resultado de todos os traballos a continuación. 

FELIZ  DÍA  DAS  ESCRITORAS!!

 

 

 

Enlace á entrada no blog de LemosLe: http://lemosle.blogspot.com/2021/11/dia-das-escritoras-2021-olga-novo.html

 

COME LOCAL

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

 

 Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 


"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

 

 

 Preguntas frecuentes

Comunicación ás familias

Estimada familia:

Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

 

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

 

Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-193 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

 

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS4.

 

Reciban un cordial saúdo,

Sinatura

2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga

3Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.

4Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/

MONTE SEN LUME

Picando neste enlace poderedes descargar as bases do concurso e entrar nos xogos.


                                        http://montesenlume.blogspot.com.es/

DIESTROS / ZURDOS

Pica no seguinte arquivo e obterás información acerca de diestros e zurdos.

DESENROLO DO NENO E A SÚA VISIÓN

Pica no adxunto para obter datos sobre o desenrolo do neno e a súa visión.

MÓLLATE NESTA PÁXINA

                                               SORPRÉNDETE

               e descubre aos grandes descoñecidos dos nosos océanos ¡

Pica no seguinte enlace e poderás atopar experimentos e actividades que te axudarán a chegar ao fondo do mar.

                           www.galiciaeascienciasdomar.org

CARTA AOS PAIS/NAIS

Queridos pais e nais :


É un papel valiosísimo o voso en temas de educación, primeiramente porque a relación que se establece entre pais e fillos é única e porque o máis importante van a aprendelo de vós, os proxenitores.


Unha das funcións principais da familia é a educación e a transmisión de valores aos fillos/as. Tamén a escola e a sociedade educan pero a influencia da familia é determinante na educación dos nenos e nenas.


É por iso que unha das cousas máis importantes que podedes facer os que estades realmente preocupados polos fillos/as é desenrolar neles actitudes positivas ante o colexio.


Os pais/nais teñen que procurar cos seus fillos/as :


a) Horarios : deitarse todos os días á mesma hora e durmir o suficiente ; é algo indispensable para nenos/as en idade escolar.


b) Alimentación : o almorzo forte ( zume,leite,cereais,queixo,froita...).Hai que procurar variar os alimentos que se ofrecen para que non se lles faga aburrido.


c) Espazos : hai que buscar e establecer na casa un lugar de traballo para eles. Será o seu sitio para estudar,ler,traballar,debuxar,ter o material escolar e mantelo ordenado..


d) Importancia do colexio : a vosa actitude ante o colexio e o xeito de comunicala, teñen unha forte influencia nos sentimentos do neno/a, por iso é importante desenrolar e manter actitudes positivas cara á escola :


- importancia de aprender cousas novas


- respecto aos compañeiros/as


- respecto aos mestres/as


- o divertido de estar cos demais..


e intentar minimizar os negativos :


- xamais descalificar ou ridiculizar os mestres/as


- non dicir que na escola non se fai nada ou que non serve para nada..


e) Escoitar : dialogar supón saber escoitar. Ás veces, os maiores cren que falar cos fillos/as é soltarlles un discurso, pero dialogar é tamén estar atentos ao que se nos di e responder en consecuencia.


f) Actividades extraescolares : é preciso ter en conta os intereses dos nenos e nenas, que as fagan con agrado, que vaian contentos. Deben ser un complemento da educación dos rapaces, peron nunca unha sobrecarga.


g) Animar : animar sempre e facerlle sentir orgullosos do que van adquirindo é moi importante para así aumentar a confianza en sí mesmos.


h) Ler e ler : ler con eles e para eles. Facer que a lectura sexa divertida. Buscar textos axeitados á idade, intereses e gustos .


i) Contactos cos mestres/as :


- presentarse ao comezo do curso escolar


- non esperar a que se lles chame


- asistir ás reunións colectivas e sempre que se requira a nivel individual


- concertar unha cita para : comentar calquera dificultado dos fillos/as, comprobar certas  cousas que o neno conta da escola, pedir consello sobre os libros de lectura, comentar os avances na aprendizaxe, suxerencias para axudar no estudio...


Esperamos que estes consellos sexan de proveito e servan de axuda para mellorar o rendemento do alumnado, as relacións interpersoais entre os membros da Comunidade Educativa e o respecto entre todos.


Un saúdo.

Distribuir contido