Colaboracións coa Biblioteca Municipal

RÚA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Función teatral na casa da cultura de Bóveda. (15 - 5 - 2023).

  Esta tarde, xunto con usuarios da residencia "Domus VI", puidemos disfrutar da función teatral "Rúa Francisco Fernández del Riego" organizada dende a biblioteca municipal de Bóveda.

  Dun xeito ameno e divertido, achegámonos á figura do autor homenaxeado no "Día das Letras Galegas" deste ano, coñecendo diversas facetas da súa vida.

  Moitas grazas por convidarnos a asistir a este espectáculo!

"ZAPATIÑOS DE CARTÓN E A CARTA DOS BOSQUES" DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL. (21 - 04 - 2023).

  Para conmemorar o "Día do libro", o alumnado do noso cole acudiu á  biblioteca municipal para participar na sesión de contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques" levado a cabo por Anxo Moure.

  Tivemos a sorte de compartir este tempo e este espazo cun grupo de residentes do centro para persoas con discapacidade "Domus VI" que disfrutaron con nós do espectáculo.

  Moitas grazas por convidarnos!

DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. (25 - 11 - 2022).

   O 25 de novembro conmemórase o "Día en contra da violencia de xénero".

   Nesta ocasión colaboramos coa campaña da biblioteca municipal de colocar lazos morados en diferentes lugares de Bóveda.

   Velaquí os nosos lazos co lema decidido por cada aula.

"PROCÚRA-SE PEPA A LOBA" (24 - 10 - 2022).

  Este luns, para conmemorar o "Día das bibliotecas" fomos convidados pola biblioteca municipal de Bóveda ao espectáculo de monicreques "Procúrase Pepa A Loba" de Cristina Collazo. Compartiron esta xornada con nós usuarios e usuarias da residencia "Domus VI".

  Foi un espectáculo moi divertido e pasámolo de medo!

  Moitas grazas por organizalo e convidarnos a asistir!!

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL (Semana do 23 ao 27 de maio).

Ao longo desta semana todos os nenos e todas as nenas do noso centro, acompañados das súas titoras,  pasaron pola biblioteca municipal para renovar os carnés e, nalgún caso, facelos por primeira vez.

Recibiunos e explicounos o funcionamento da biblioteca Miriam quen nos preparou diversos obradoiros relacionados coa figura de Florencio Delgado Gurriarán.

Moitas grazas por convidarnos e por prepararnos todas esas actividades tan divertidas!!

 

 

 

 

 

 

 

"DÍA DO LIBRO" Alumnado de 1º a 4º de Primaria. "Fai o teu cómic" (22 - 4 - 2022)

As nenas e os nenos de 1º a 4º de Primaria realizaron este divertido obradoiro ofertado pola Biblioteca Pública Municipal.

"DÍA DO LIBRO" Alumnado de Educación Infantil. "O conto estrelado" (19 - 4 - 2022)

Pola conmemoración do "Día do libro", a biblioteca municipal agasallounos con este fermoso contacontos.

Ademais de gozar coa historia realizamos un sinxelo obradoiro de creación de contos.

 

"DÍA DA MULLER" . Alumnado de 5º e 6º de Primaria. "A miña historia" (8 - 3 - 2022)

As nenas e os nenos de 5º e 6º de Primaria, acudiron ao contacontos de "A miña historia" de Trémola Teatro no salón de actos da Casa de Cultura.

A historia representada baseábase na vida de Rosalía de Castro.

"DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO" "As mulleres que nos constrúen" (25 - 11 - 2022)

Fomos ata o salón de actos da casa de cultura do Concello para realizar esta fermosa actividade.

O alumnado levou a cabo unha preparación previa cubrindo un cuestionario e traendo unha fotografía dunha muller de referencia da súa familia.

Con todas as fotos e a información recadada, realizouse un mural colectivo que hoxe loce nun dos corredores do noso centro.

 

"DÍA DAS BIBLIOTECAS" (24 - 10 - 2022)

Para conmemorar o "Día das Bibliotecas", a biblioteca municipal de Bóveda convidounos ao espectáculo

"Lúa triangular. Nada é imposible" de Jara Ortiz. Moitas grazas! Encantounos!

Distribuir contido