Escolares , 1º Ciclo , 2º Ciclo , Ed. Infantil, 3º Ciclo, Blog de 3º Ciclo

DE VOLTA Á NOSA ESCOLA!!

Este mércores comezou de novo o cole.

Que alegría vernos de novo e recibir aos novos compañeiros e compañeiras que se incorporaron á nosa aula de educación infantil.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos das actividades destes primeiros días.

 

PINTAMOS MACETEIROS

Aproveitando o bo tempo que tivemos estes días na materia de Art estivemos a decorar os maceteiros que habia na entrada do cole e, que co pasado do tempo estaban un pouco descoidados. 

 

 

Primeiro, o persoal do Obradoiro de Emprego do Concello colocounos no lugar onde queriamos que estiveran. Decorando a entrada do noso cole! Moitas grazas!!!

O primeiro paso foi limpalos e darlle unha capa de pintura branca

 

Por último, empregando diversas cores decorámolos e o resultado é xenial!

   

 

Reutilizamos os maceteiros e agora relucen moito máis bonitos!!

   

 

Colores Pintura Sticker

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES FRANCISCO DAVIÑA REY

O pasado día 11 o alumnado de 6º de primaria do colexio estivo hoxe de visita no IES Francisco Daviña Rey que será o seu seguinte centro educativo. Alí coñeceron tamén aos alumnos e alumnas de 6º do CEIP Plurilingüe da Pobra de Brollón e do Plurilingüe de Monforte de Lemos que serán os seus compañeirxs en 1º da ESO.

 

Comezaron a visita cunha charla informativa na biblioteca impartida pola orientadora do centro, quen lles ensinou as aulas e outras instalacións do instituto.

  

 

Tamén realizaron un obradoiro de primeros auxilios co alumnado do Ciclo Formativo de Coidados auxiliares de enfermería.

 

Esperamos que esta visita fora produtiva e que lles vai moi ben no seu futuro como estudiantes de secundaria!

 

FIN DE CURSO 2024

Finalizamos este ano escolar con éxito e ledicia! Desexámosvos unhas BOAS  VACACIÓNS porque aínda que co tempo que temos non o parece, ESTAMOS  NO  VERÁN!!

Así que o que toca agora é disfrutar do verán e das vacacións pois chegamos ao final do curso e é hora de que xs nenxs poidan pásalo ben sen preocuparse de estudar (aínda que sería ben que non se olvidaran de todo).

Por aquí vos deixamos o cartel das actividades que programamos con moita ilusión para a última semana deste curso 2023-2024 e algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos!

 

Comezamos a semana co espectáculo de maxia educativa en inglés a cargo da compañía Magia en la Manga. Grazas ao mago Charles Munro, puidemos descubrir diferentes trucos de maxia típicos de diversos países como China, Estados Unidos... 

   

         

   

 

Fixo desaparecer e teletransportar obxectos, cambiaba os panos de cor...Incluso lía a nosa mente!!

   

 

Quedamos abraiadxs coa súa maxia!!

Pared Magia Evocar - GIF gratis en Pixabay - Pixabay

 

Como xa sabedes o día 20 viaxamos ata A Coruña, a continuación podedes consultar toda a información sobre a saída. Pasámolo xenial!!!

 

Se premedes na seguinte fotografía poderedes acceder ao vídeo cas fotografías da nosa excursión de fin de curso!

 

Tamén, vos deixamos por aquí algunhas fotos das actividades realizadas o venres. Xogamos, bailamos e decoramos as nosas bolsas de tea para levar todo o noso material de volta a casa. Quedaron xenial!!

   

   

 

Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio. Todas teñen un principio e un final e hoxe, é o final da etapa de Andrea, Daniela, David, Hugo, Mª Aurora e Mª Luisa no noso colexio. Na biblioteca do noso centro fixemos un acto de graduación para despedir aos nosos compañeirxs! Visualizamos un vídeo de fotos do seu paso polo cole e a súa titora e a directora entregáronlle un detalle de despedida. Foi un momento moi emotivo!

   

 

    

 

Danos moita mágoa que marchedes, pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeirxs!

Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón. 

Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

 

FELIZ VERÁN! VÉMONOS EN SETEMBRO!

CHARLA INFORMATIVA SOGAMA

O pasado día 7 acudiu ao noso centro unha traballadora da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) para impartirnos unha formación en materia de separación de residuos. 

Tamén nos explicou como funciona o complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña) no cal se centraliza o tratamento dos residuos urbanos producidos por máis de 295 concellos. Ensinounos para que sirven cada unha das súas instalacións e cal é o seu funcionamento.

 

  

 

Explicounos a regra das 3R: Reducir, reusar e reutilizar e a súa importancia para frenar a contaminación do noso planeta.

 

E, tamén, os residuos que van en cada colector.

 

 

Para finalizar, regalounos a cada un de nós un lapis infinito, que non temos que afiar!

CREAMOS O NOSO "PETE THE CAT"

Na materia de Art e coa axuda da auxiliar de conversa o alumnado do 1º e 2º ciclo de educación primaria estivo a traballar a canción "Pete the cat" baseada no conto de Eric Litwin.

 

Mestren realizamos moitas das nosas creacións escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación. Unha das súas favoritas é esta:

WhiteBoard Entertainment Studios

 

Mirade dque bonitos quedaron os nosos "Pete the cats"

  

     

         

SEMENTADO E RECOLECCIÓN

Seguimos a traballar no noso horto escolar. Estamos aproveitando a chegada do bo tempo e da primavera para seguir cos labores propias deste tempo: sementado e recolleita.

O alumnado de Infantil púxose as botiñas de auga para entrar á horta. O alumnado de 5º e 6º estivo a axudalos.

  

  


 

Unha vez estivemos listxs, estivemos a recoller amorodos e a plantar millo branco, axudadxs polos nosos mestres.

  

 

O alumnado de 5º e 6º estivo a plantar tamén, millo branco e patacas.

  

  

  

 

Tamén, estivemos a colocar os carteis que elaboramos en Proxecto Competencial sobre os diferentes produtos que plantamos.

  

   

 

Queremos agradecer a colaboración da familia de Triana que nos axudou a labrar o horto para poder sementar. Moitas grazas!!

Unha xornada moi enriquecedora! Aprendemos a través do noso entorno!

FIN DO PROXECTO "PROTAGONISTA DA SEMANA"

Xa sabedes que este curso escolar, ademais do horto e do galiñeiro, levamos a cabo en infantil o proxecto "PROTAGONISTA DA SEMANA"  a través do que se traballaron os contidos curriculares da etapa. Esta iniciativa remata logo de comezala con moita ilusión no mes de outubro.

A participación das familias foi un dos eixes fundamentais do proxecto.

No mes de marzo, xa compartimos algunhas fotos das actividades realizadas e agora, unha vez rematado o proxecto, queremos amosar as fotos das propostas de actividades que faltaban por realizar.

Queremos agradecer a implicación de todas e cada unha das familias:

As actividades que trouxestes foron variadas e moi interesantes, pero o máis importante de todo foi o cariño e a ilusión coa que vos achegates ao cole a compartir con nós esta experiencia.

 

 

Familia de SOFÍA: "Carreira de vermiños de papel".

 

 

Familia de CLARA: "Obradoiro de Slime"

 

 

Familia de MIRANDA: "Experimentos científicos e xogos de inxenio".

 

 

Familia de ARIADNA: "As nosas mans".

 

 

Familia de DANIELA: "Decoración de abanos".

 

 

Familia de TRIANA: "Imáns decorativos"

 

 

 

Familia de JORGE: "Xardín nocturno con luz negra".

 

 

 

 GRAZAS POR TODO!!

SODES XENIAIS!!

 

 

 

 

ACTIVIDADES MUSICAIS

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a ensaiar dúas cancións na materia de Música e Danza co mestre Adrián.

A primeira delas podédela escoitar premendo na seguinte icona. Titúlase "O estraperlo", unha versión en galego do grupo Fuxan os ventos.

 

"O salón das cereixas" é a segunda canción que interpretaron, nesta caso de Xavier Díaz, como agasallo polo día da nai.

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN MOITO!!!

EXPERIMENTAMOS CON MESTURAS

Na materia de Ciencias da Natureza o alumnado de 1º e 2º estamos a estudar todo o relacionado ca materia e as súas propiedades.

 

Un dos contidos da unidade son as mesturas, entendidas estas como materiais formados por dúas substancias. Saímos ao patio do noso cole aproveitando o bo día que facía e puxémonos a experimentar con agua, aceite, vinagre, cacao e pedras.

 

Aprendimos a diferenciar mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Observamos que as mesturas homoxóneas son aquelas nas que non se poden distinguir a simple vista as substancias que as forman. Para eso, diluímos cacao en auga. Nas heteroxéneas si que se poden distinguir as subtancias, comprobámolo diluíndo agua e aceite.

  

 

Distribuir contido