Escolares , 1º Ciclo , 2º Ciclo , Ed. Infantil, 3º Ciclo, Blog de 3º Ciclo

SAÍDA AO VIVEIRO "OS TROLLOS"

Este venres día 22 tivemos unha saída ao viveiro Os Trollos situado no noso Concello, co motivo da conmemoración do Día da Árbore.

 

Primeiro distribuíronnos en dos grupos: Educación Infantil e 1º de Primaria e, o outro de 2º a 6º de Primaria. A cada un de nós tocounos unha monitora diferente que nos axudou a realizar todas as actividades.

 

Comezamos realizando un hotel de insectos. Cada grupo realizou un, para colocar no noso centro á volta de Semana Santa.

 

 

 

A continuación, decoramos o noso propio colgante de madeira como recordatorio deste día.

 

 

 

 Cada un de nós plantou o seu propio carballo.

 

 

 

Logo, estivemos a descansar un poquiño mentres tomamos a merenda e, por último dirixímonos a outra zona para plantar dúas árbores no viveiro.

 

 

Ademais, a cada un de nós entregáronnos unha camiseta de recordo e unha casiña de paxaros para montar na casa.

 

 

Moitas grazas pola organización desta actividade ao GDR Ribeira Sacra Courel na que participamos máis de 600 alumnxs da contorna. Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos da natureza e pasámolo moi ben!

SEGUNDA VICTORIA NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

Foto autorizada polas familias

 

Pois ben, temos outra boa nova!! Este mércores realizamos a segunda rolda deste concurso e volvimos a conseguir a victoria contra outro CEIP da provincia de Lugo. Gañamos por un total de 10 puntos fronte aos 0 conseguidos polos nosos contrincantes. 

Este triunfo é grazas a todo o traballo que están a realizar os participantes desta actividade. A súa implicación e esforzo está sendo impecable é a vista esta dos resultados obtidos. 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS EN SEMIFINAIS!!!

Bravo GIFs | GIFDB.com

VISITA DO OSO DE SALCEDO E OS SEUS CRIADOS

O pasado martes veu de visita ao noso cole o Oso de Salcedo con dous dos seus criados!!! Que sorpresa levamos ao velo aparecer no noso patio no tempo de lecer de despois do xantar!!!

Ao principio algúns asustámonos un pouco, pero ao final case todos acabamos acariciándoo e sacándonos fotos con el. Aquelxs alumnxs que non quixeron participar estiveron sentados nas gradas observando todo!

  

 

Xogou moito con nós!!! E deunos moitos abrazos!!!

  

 

Ao final, tanto o alumnado como os metres acabamos tiznados polas súas gadoupas.

 

 

Esta actividade puxo o "broche final" ao proxecto que estivemos a facer titulado O noso Entroido, que pensamos proseguir nos cursos sucesivos debido ao gran interese que despertou entre todxs nós. 

 

 

Queremos agradecerlle á Asociación Veciñal de Salcedo a posibilidade de ter o gran privilexio de que o Oso e mais os seus criados visitase o noso centro. E, en especial queremos agradecerlle a participación a Enmanuel, o papá de Jorge de Infantil, que fixo posible que toda esta idea se fixese realidade. 

 

 

Para nós, xa eres un Oso moi amoroso! Entre as voces ao saír do cole escoitábanse mensaxes como: "Foi o mellor día de cole"!!!!

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

PREPARAMOS OS AMORODOS NOSO HORTO ESCOLAR

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo a sacar as malas herbas da zona do horto na que temos plantados os amorados. Estaban todos cheos de herbas que lle impedían crecer máis. Así, que aproveitando este bo tempo dispuxémonos a deixar a zona limpa.

 

PRESS

 

Gústanos moito ir ao noso horto a aprender moitas cousas novas! Esperamos que crezcan e den moitos amorodos!

 

 

Agora é o turno de seguir traballando na aula. En 1º e 2º estudaremos o reino vexetal na materia de Ciencias da Natureza e na materia de Art pintaremos os bloques de formigón que rodean este espazo.

 

Ademais, dende a materia de Proxecto Competencial en 5º e 6º fixemos unha cartelería, empregando aplicación web de deseño Canva, sobre estas plantas e os seus froitos para colocar no horto.

 

Rufetes: PLANTAMOS FRESAS

 

CIENCIAS DA NATUREZA: CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

O alumnado de 1º e 2º de primaria na materia de Ciencias da Natureza estivo a traballar a clasificación do reino animal.

 

Comezamos a unidade falando das características deste amplísimo reino. Visualizando diferentes vídeos, realizando lecturas e chuvias de ideas sobre os nosos coñecementos.

 

Pouco a pouco fomos interiorizando todos os conceptos relacionados con este apaixoante mundo. Ata chegar a saber a diferenza entre animais vertebrados e invertebrados. Coñecendo as características de cada subgrupo.

Realiazamos investigacións na nosa biblio coas tabletas.

 

 

Ademais, o noso compañeiro Enzo García, trouxo un xogo de preguntas sobre estes seres vivos. Pásamolo moi ben! Grazas Enzo!

  

 

Unha vez que tiñamos toda a materia interiorizada comezamos a elaborar o noso propio lapbook de resumo do tema. Os lapbook (cuxa tradución literar é libro de lapelas) é unha especie de caderno despregable na que o alumnado pode interactuar cos contidos du maneira máis visual e máis atractiva.

  

  

 

Grazas a eles, o alumnado plasma o aprendido empregando a súa creatividade o que lles permite aprender dun xeito moito máis práctico.

 

Favorece a comprensión da información e a estructuración e síntese das ideas principais.

O resultado final é xenial!! Mirade!!

 

Materiais recuperados de: amestraCris https://oblogdamestracris.blogspot.com/

 

PARTICIPACIÓN NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ

Os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

 

Temos a sorte de aunciarvos que superamos a primeira fase deste certame!! Gañamos pola diferenza de cinco puntos ao noso contrincante, un CEIP da provincia de Pontevedra, aproveitando os rebotes. Puxéronnolo complicado, pero as nosas gañas e toda a ilusión que temos levounos a preparanos moitísimo para esta primeira rolda. Estábamos nerviosísimos!!

 

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

En principio, o día 5 de abril emítese en Radio Voz a nosa participación. Xa vos avisaremos por se hai novas. Agora xa estamos preparándonos para a seguinte quenda!

Ademais, de todo isto, este curso Radio Voz introduce unha nova modalidade participación: o Ecosaúdo, no que os alumnos dan a coñecer un pouco mellor cada colexio participante. Ahí vos deixamos o noso, esperamos que vos guste.

 

 

Moitas grazas Aurora, Luisa, Daniela e David polo voso esforzo e traballo!

Tamén, queremos agradecer a labor da mestra da Ciencias da Natureza, Iria, e do mestre de Ciencias Sociais, Adrián, que están a traballar con moita ilusión nesta actividade.

 

NORABOA COMPAÑEIRXS!!! ESTAMOS CON VÓS!!!

 

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: O PROTAGONISTA DA SEMANA

  Este curso escolar, a aula de Infantil está levando a cabo o proxecto "Protagonista da semana" que permite abordar os obxectivos e contidos

da educación infantil dunha maneira atractiva, dinámica e interesante. Ademais de incidir na formación dunha autoestima positiva, axústase

de maneira especial ás características individuais de cada nenx e facilita a implicación familiar.

Durante unha semana, todas as actividades realizadas na aula xiran ao redor do alumno ou alumna que lle corresponda ser protagonista e

realizamos un libro con documentos e imaxes delas: fáiselle unha pequena entrevista, amosa e explica fotos da súa vida, debuxámolx,

medímolx, pesámolx, contamos cousas sobre el/ela, etc;  e recibimos na aula á súa familia.

Cada familia organiza a visita do xeito que prefira traendo á aula unha actividade preparada dende a casa.

Deixamos aquí algunhas imaxes das actividades realizadas ata o momento.

Moitas grazas familias pola vosa participación e implicación!

Sodes xeniais!!

 

Sesión de cancións e xogos coa familia de Valentina:

 

 

 

Sesión de maquillaxe coa familia de Miley

 

Coñecemos a "Limón" a chinchilla de Xila.

 

Contos coa familia de Theo.

 

Xogos de mesa coa familia de Dylan.

 

Obradoiro de arxila, contos e música coa familia de Maia.

 

 

 

E, neste curso, aínda quedan moitas semanas de protagonistas por diante cheas de sorpresas e ideas marabillosas que poñer en práctica.

Grazas as familias por axudarnos a crear unha comunidade educativa aberta e participativa!!

Galego Sticker by AiFalaches

APRENDEMOS A RELAXARNOS E A ACTIVAR OS SENTIDOS EN INFANTIL.

Continuamos coas sesións de Ioga na aula de Infantil.

Nesta ocasión, e como o mal tempo non nos permitía saír fóra, realizamos unha sesión de relaxación con pouca luz, música suave e incienso.

Experimentamos diferentes sensacións táctiles con bolas de xel e discos de masaxe.

Para rematar, escoitando música clásica, representamos libremente as sensacións experimentadas nun mural colectivo que pintamos no chan.

Pasámolo xenial aínda que a nosa roupa tamén quedou decorada coas pinturas (je,je).

CULTIVO DE LUFAS NO NOSO HORTO

Antes de que rematase o outono procedimos a recolectar as lufas do noso horto escolar para poñelas a secar.


 

A lufa é unha planta da familia das cucurbitáceas á que tamén pertencen froitos moito máis coñecidos como a cabaza, a cabaciña, o cogombro ou o pepinillo. Orixinalmente, trátase dunha planta de procedencia tropical aínda que hoxe en día xa se cultiva en España con moi bo rendemento.

 

Comezamos esta tarefa, realizando unha investigación sobre este vexetal. Empregamos as sesións de Proxecto Competencial en 3º e 4º de primaria para recompilar información e, mediante a aplicación de edición gratuíta Canvaelaborar un pequeno libro sobre o cultivo e uso das lufas para a nosa biblioteca. Deste modo, tamén melloramos as nosas competencias dixital e de aprender a aprender.

 

Deixamos as lufas a secar durante varios meses e, o pasado xoves acudimos a ver como seguían e se xa estaban listas para recoller a semente e aproveitar a pulpa para facer esponxas naturais.

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º o encargado de levar a cabo dita tarefa.

 

A recolecta de semente foi moi doada de realizar, abrimos un pouquiño a lufa por debaixo e comezaron a caer todas as sementes. Mirade!

 

A continuación, gardámolas nun bote para sementalas cando chegue o bo tempo.

 

A continuación, estivemos a ver un vídeo no que se explicaba o proceso de cultivo e a época idónea do ano para o sementado. Tamén, estamos a traballar cos contos que vedes a continuación para aprender moito máis sobre o noso horto.

  

 

Nas pŕoximas semanas traballaremos cas lufas para conseguir as esponxas.

 

 

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS EN 1º E 2º

A mellor maneira de adquirir unha aprendizaxe integral é basar a práctica diaria das nosas aulas nunha aprendizaxe vivencial e significativa, é dicir, poñendo en práctica os contidos aprendidos. E así o facemos na materia de Matemáticas!

LAS MATEMÁTICAS SON UN JUEGO

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria estivemos aprendendo as unidades de medida e os números de ata tres cifras.

  

 

Para traballar as unidades de medida acudimos á cociña do cole e, Silvia a cociñeira, deixounos pesar diferentes alimentos na súa báscula dixital e tamén, nos prestou un vaso medidor para os líquidos.

  

 

 

E, para practicar e consolidar a descomposición de números de ata 3 cifras empregamos as regretas. Escribimos un número do 400 ao 599 no encerado da aula e, logo entre todxs, tiñamos que descompoñelo empregando este material manipulativo.

  

 

Pasámolo moi ben mentres aprendimos moitas cousas!

 

 

Distribuir contido