ANPA

A VIAXE DE ROSALÍA

O pasado martes acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a participar no espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" da Compañía Larraitz Producións Artísticas.

Esta actividade foi organizada pola ANPA dentro das solicitadas á Deputación de Lugo.

  

 

Neste espectáculo relátase a historia de Francisca Do Campo, madriña de Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criar á escritora e quen compartiu parte das dúas vivencias. Por dita razón, compartiu con nós a traxectoria vital e artística da nosa querida Rosalía.

 

 

NOVA CASIÑA NA ZONA VERDE

Xa temos instalada a nosa nova casiña na zona verde do noso patio. Quedou estupenda!!

 

 

Queremos agradecerlle á ANPA a colaboración prestada e ao Concello a realización da base de formigón para a súa instalación.

 

MOITAS GRAZAS!!!

 

AGASALLOS DE NADAL!

Á volta de Nadal tivemos unha gran sopresa ao entrar no cole! Debaixo da árbore que adornaba a nosa entrada, as nosas maxestades deixaran para nós, agasallos para a nosa biblioteca

ilustración 3d del tema del día de navidad con caja de regalo 9336045 PNG

Un libro sobre Lego, diferentes bases de construción, diversos xogos de mesa como o Dixit ou o Little Office. Encantáronnos!!!

  

 

 

  

 

Ademais, en cada aula tamén deixaran un agasallo para cada titoría. Xogos de inxenio, un berce de madeira, un calendario en inglés, un cubo de realidade aumentada...

 


   

 

Moitas grazas ao noso profesorado e a ANPA por pedirlle algo para o noso cole!

 

OBRADOIRO MANTEIGA

O venres acudiu ao centro o encargado de realizar con nós un obradoiro de manteiga que quedara pendente na nosa saída a Casa da Fonte, realizada o pasado mes de outubro.

      

 

Explicounos como se realiza todo o proceso e deixounos modelar unhna pequeniña peza de manteiga que nos levamos para as nosas casas moi emocionadxs!!

             

 

 

Ademais, tamén nos agasallou cun libro do Bolechas titulado Da escola á granxa.

Moitas grazas a ANPA por dita actividade.

CONTACONTOS ESTRAFALARIA

Dentro do programa "Rimando pola Igualdade" organizado pola ANPA do centro o venres día 24 de novembro ás 15.00 acudimos ao centro sociocultural a participar no contacontos Estrafalaria a cargo de Xarope Tulú.

 

 

  

 

Pasámolo moi ben mentres coñecemos a historia de varias mulleres, que fóron consideras como "estrafalarias" por seren diferentes. O contacontos basouse en tres libros principalmente:

H... - Biblioteca Municipal “León Gil” de Cabanillas del Campo     Primeira semana na escola de vacas Patas de peixe Libros El faro de los  tres mundos    Daniela la pirata (CATALAN)

 

O primeiro deles relata a historia de Alicia, unha nena que é moi curiosa e constantemente cae en sitios moi insospeitados polo seu afán de saber máis. A primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill conta a historia de Daisy nos seus primeiros días na escoliña nos que se atopa moi triste porque non é capaz de facer o mesmo que o resto de vacas (espantar moscas co rabo, non sabe pintar cos cascos...) e, no último Daniela soña con ser pirata dun barco, pero desgrazamente hai moitas persoas ao sue arredor que non están moi de acordo...

 MOITAS GRAZAS POR ESTAS ACTIVIDADES!

GALERÍA IMAXES 

OBRADOIRO IGUALDADE

Durante o mes de novembro e, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra á violencia de Xénero (25 de novembro) a ANPA organizou unha serie de obradoiros para traballar contidos relacionados coa coeducación dentro do programa "Rimando pola igualdade". 

  

 

Rimando pola igualdade é un programa que intenta integrar a todos os axentes educativos implicados na comunidade educativa na loita pola erradicación das desigualdades e na sensibilización en materia de igualdade, como canle para a consecución dunha vida plena.

Entendemos que a educación en igualdade é fundamental á hora de previr futuras situacións de violencia e debe comezar desde os primeiros anos de escolarización.

Este proxecto está motivado pola vontade de implicar ao alumnado como axente de cambio. Para todo isto, propoñéronse 3 liñas de actuación: os obradoiros de sensibilización en materia de igualdade, a escola de familias e o encontro aberto de cultura comunitaria, o contacontos Estrafalaria, con Atenea García que terá lugar este venres 24 ás 15.00 no centro sociocultural e que estará aberto a toda a comunidade educativa.

 

As sesións tiveron lugar entre os días 2 e 17 deste mes. A primeira semana dita actividade estivo destinada ao alumnado de Educación Infantil e, nas sesións sucesivas, Blanca a educadora que levou a cabo dita tarefa, estivo a traballar con Educación Primaria organizando diferentes grupos de traballo.

En Educación Infantil traballou os contidos a través de dous contos: O Monstro Rosa e O teu corpo é teu. O primeiro deles, permite avrir un mundo de posibilidades daquilo que é diferentes, trballando na asunción da diferenza como algo positivo. A través de dinámicas musicais afondamos no coñecemento corporal, e presentamos o conto O teu corpo é teu, que permite comezar a traballar o coñecemento corporal, os límites e o consentimento dende idades temperás.

    

Con 1º e 2º ciclo de xeito lúdico e participativo, afondamos na cuestión dos esteriotipos e roles de xénero. A través de varios obxectos inspiradores, o alumnado en pequenos grupos tiveron que inventar personaxes e novos usos para os obxectos. Deste xeito, os resultados foron abraiantes, imaxinaron, por exemplo, a un policía cuns zocos rechamantes!!

Na segunda parte traballamos na cuestión da identidade e da expresión de xénero e coñecemos persoas de diferentes culturas (italiana, mexicana, india...).

  

 

 

 

O alumnado do 2º e 3º ciclo estivo a traballar co xogo Dixit, un xogo de cartas ilustradas co que traballaron a narración e a imaxinación. Debían expresar os sentimentos e inquedanzas que lle evocaban ditas cartas, para reflexionar sobre comportamentos sexistas. Traballaron a diferencia entre sexuación e sexualidade, centrándose nas relacións interpersoais. 

 

Con esta actividade tamén contribuimos a traballar o seguinte ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

GALERÍA DE IMAXES

CAMPAÑA | NON á violencia de xénero | Mujeres en Galicia

 

SAÍDA A "CASA DA FONTE"

O pasado 6 de outubro realizamos unha saída a granxa escola Casa da Fonte, situada en Mañente. Alí, desfrutamos dunha xornada lúdica observando a natureza e os distintos animais que alí conviven (galiñas, porcos, cans, vacas, cabalos...).

Xosé, o encargado, guiounos pola granxa a medida que nos ía ensinando algunhas cousas que non sabiamos. Díxonos que tiña 19 cans!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

OBRA DE TEATRO PINCONÚS

O venres día 13 ás 15:00 horas asistimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para ver a comedia musical Pinconús. Unha obra para o público familiar, dirixida por José Campanari e con música de Piti Sanz. A entrada foi de balde e aberta a toda a comunidade educativa. 

Rímonos moito!

Actividade organizada pola ANPA do CEIP Rosalía de Castro.

 

 

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda

Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.

 

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

 

Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.

Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Videoconferencia pronunciada pola Dra. Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) para alumnado do CEIP Souto-Donas, de Gondomar (Pontevedra) e o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) sobre o Coronavirus.
Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, en Estados Unidos.
 
 
Distribuir contido