OBRADOIRO IGUALDADE

Durante o mes de novembro e, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra á violencia de Xénero (25 de novembro) a ANPA organizou unha serie de obradoiros para traballar contidos relacionados coa coeducación dentro do programa "Rimando pola igualdade". 

  

 

Rimando pola igualdade é un programa que intenta integrar a todos os axentes educativos implicados na comunidade educativa na loita pola erradicación das desigualdades e na sensibilización en materia de igualdade, como canle para a consecución dunha vida plena.

Entendemos que a educación en igualdade é fundamental á hora de previr futuras situacións de violencia e debe comezar desde os primeiros anos de escolarización.

Este proxecto está motivado pola vontade de implicar ao alumnado como axente de cambio. Para todo isto, propoñéronse 3 liñas de actuación: os obradoiros de sensibilización en materia de igualdade, a escola de familias e o encontro aberto de cultura comunitaria, o contacontos Estrafalaria, con Atenea García que terá lugar este venres 24 ás 15.00 no centro sociocultural e que estará aberto a toda a comunidade educativa.

 

As sesións tiveron lugar entre os días 2 e 17 deste mes. A primeira semana dita actividade estivo destinada ao alumnado de Educación Infantil e, nas sesións sucesivas, Blanca a educadora que levou a cabo dita tarefa, estivo a traballar con Educación Primaria organizando diferentes grupos de traballo.

En Educación Infantil traballou os contidos a través de dous contos: O Monstro Rosa e O teu corpo é teu. O primeiro deles, permite avrir un mundo de posibilidades daquilo que é diferentes, trballando na asunción da diferenza como algo positivo. A través de dinámicas musicais afondamos no coñecemento corporal, e presentamos o conto O teu corpo é teu, que permite comezar a traballar o coñecemento corporal, os límites e o consentimento dende idades temperás.

    

Con 1º e 2º ciclo de xeito lúdico e participativo, afondamos na cuestión dos esteriotipos e roles de xénero. A través de varios obxectos inspiradores, o alumnado en pequenos grupos tiveron que inventar personaxes e novos usos para os obxectos. Deste xeito, os resultados foron abraiantes, imaxinaron, por exemplo, a un policía cuns zocos rechamantes!!

Na segunda parte traballamos na cuestión da identidade e da expresión de xénero e coñecemos persoas de diferentes culturas (italiana, mexicana, india...).

  

 

 

 

O alumnado do 2º e 3º ciclo estivo a traballar co xogo Dixit, un xogo de cartas ilustradas co que traballaron a narración e a imaxinación. Debían expresar os sentimentos e inquedanzas que lle evocaban ditas cartas, para reflexionar sobre comportamentos sexistas. Traballaron a diferencia entre sexuación e sexualidade, centrándose nas relacións interpersoais. 

 

Con esta actividade tamén contribuimos a traballar o seguinte ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

GALERÍA DE IMAXES

CAMPAÑA | NON á violencia de xénero | Mujeres en Galicia