Orientación

PUNTO LARANXA

No lateral dereito deste páxina podedes atopar a seguinte icona:

IES Plurilingüe A Paralaia

 

Un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo. Clicando na icona da web accederán a un formulario online. Estas comunicacións irán a un enderezo habilitado que será supervisado pola Coordinación de Convivencia do centro.

 

Ademais, este recurso tamén existe de maneira física no noso cole. Recordámosche como funciona o buzón do Punto Laranxa:

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segurx.

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (situado na entrada al lado das escaleiras).

3. Deposita no buzón do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado).

 

 

Contra el acoso escolar - #StopBullying

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Dado que compartimos o mesmo Departamento de Orientación co CEIP de Pobra de Brollón, aquí tedes un enlace para acceder á información.

            DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Distribuir contido