Animación á lectura

CULTIVO DE LUFAS NO NOSO HORTO

Antes de que rematase o outono procedimos a recolectar as lufas do noso horto escolar para poñelas a secar.


 

A lufa é unha planta da familia das cucurbitáceas á que tamén pertencen froitos moito máis coñecidos como a cabaza, a cabaciña, o cogombro ou o pepinillo. Orixinalmente, trátase dunha planta de procedencia tropical aínda que hoxe en día xa se cultiva en España con moi bo rendemento.

 

Comezamos esta tarefa, realizando unha investigación sobre este vexetal. Empregamos as sesións de Proxecto Competencial en 3º e 4º de primaria para recompilar información e, mediante a aplicación de edición gratuíta Canvaelaborar un pequeno libro sobre o cultivo e uso das lufas para a nosa biblioteca. Deste modo, tamén melloramos as nosas competencias dixital e de aprender a aprender.

 

Deixamos as lufas a secar durante varios meses e, o pasado xoves acudimos a ver como seguían e se xa estaban listas para recoller a semente e aproveitar a pulpa para facer esponxas naturais.

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º o encargado de levar a cabo dita tarefa.

 

A recolecta de semente foi moi doada de realizar, abrimos un pouquiño a lufa por debaixo e comezaron a caer todas as sementes. Mirade!

 

A continuación, gardámolas nun bote para sementalas cando chegue o bo tempo.

 

A continuación, estivemos a ver un vídeo no que se explicaba o proceso de cultivo e a época idónea do ano para o sementado. Tamén, estamos a traballar cos contos que vedes a continuación para aprender moito máis sobre o noso horto.

  

 

Nas pŕoximas semanas traballaremos cas lufas para conseguir as esponxas.

 

 

ENTROIDO 2024

Acércase o tempo de Entroido no noso cole, unha tempada moi desexada por todxs. Xa temos todo listo e organizado para esta gran festa!

Deixámosvos o cartel informativo coa nosa programación.

 

 

Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que seguir as Comandas do Meco. Como vedes na seguinte imaxe, o venres, quen queira pode vir disfrazo dende a súa casa (disfraz libre), xa que despois do tempo de comedor teremos un baile de disfraces, que dependendo da climatoloxía, será no patio exterior preferiblemente. Tamén, tomaremos chocolate con biscoito.

 

 

 

As Comandas do Meco non son obrigatorias, teñen carácter voluntario. Clicando aquí accederedes a elas en formato PDF. 

 

Ademais, nos días previos a esta festividade faremos un proxecto de investigación sobre as diferentes tradicións de Entroido que existen en Galicia. Pásamolo ben mentres aprendemos moitas cousas novas!

 

Recordade que os días 12, 13 e 14 non son lectivos, polo que non haberá clase. 

 

Entroido Boteiro Sticker by aturuxa for iOS & Android | GIPHY

COLABORACIÓN CON HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS

Como xa sabedes o curso pasado colaboramos coa ONG Hospitaleiros sen fronteiras para axudar aos nenos talibé de Senegal. Sementamos tomateiras e elaboramos xoias no recuncho creativo da nosa biblio. Todo o recaudado foi destinado a esta boa causa. 

      

Este curso, queremos seguir proporcionando o noso graniño de area para axudar a todxs xs nenxs que alí viven, co fin de saír das situacións de pobreza e inseguridade que sufren a diario. Por este motivo, seguimos en contacto con Chus, unha das participantes en dita iniciativa, a cal poñía rumbo a Senegal, máis concretamente a un pequeno pobo chamado Malicounda, o pasado venres. Durante o presente curso faremos un obradoiro de xabón natural que, igual que o curso pasado, irá destinado a recaudar fondos para dita problemática.

Mapa de Senegal -     Bandera del Senegal Imán para nevera, diseño de bandera de la República del  Senegal : Amazon.es: Hogar y cocina

Para profundizar un pouco máis neste asunto, a primeira actividade que levaremos a cabo será unha videochamada para que o alumnado visualice de maneira máis directa a súa axuda. Para que Chus levase algún agasallo do noso cole, durante a semana estivemos a elaborar un mural no que puxemos diferentes fotos do noso Concello, do noso cole... seguro que lles fai moita ilusión ver onde vivimos!

 

Ademais, estivemos a investigar sobre o seu idioma o Wolof, xa sabemos como se din varias cousas, como por exemplo:

Grazas= jerejef.

Ola= Nanga def.

 

Nos próximos días seguiremos a investigar sobre este país tan interesante e sobre o continente africano, tan próximo a nós e a vez, tan descoñecido. 

Estamos desexando que chegue o momento de poñernos en contacto con todxs elxs! Seguiremos colaborando con esta causa tan bonita na que poñemos en valor a solidaridade e axuda como vehículo de cambio no mundo!

Ata pronto queridxs amigxs!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Como todos os anos, o colectivo Lemos Le elaborou unha listaxe de suxerencias para ler no Nadal. Esperamos que vos animedes coas lecturas!

 

ACTIVIDADES NO NOSO HORTO ESCOLAR


Estas son as diferentes actividades que levaremos a cabo no noso horto durante os próximos meses. Prepararemos todo para a chegada da primavera. Mestres, investigaremos e estudaremos como coidar o noso horto a través do comité agrogandeiro. 

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Os xoves, son sen dúbida, un dos nosos días favoritos da semana debido as lecturas compartidas. O alumnado de todo o centro mestúrase por parellas para realizar a hora de lectura de forma colaborativa. 

 

 

 

As lecturas compartidas abren a porta a unha forma de ler entretida e despertan o interese polos libros dos pequenxs prelectorxs. Aos máis maiores axúdalles a mellorar a súa competencia lectora e o seu proceso de aprendizaxe. O traballo entre iguais é considerado un "tempo de calidade". Deste modo, aprendemos non só dos adultos senón tamén, dxs nosxs compañeirxs. 

  

GALERÍA DE IMAXES

Dribbble - dialibro-3.gif by Carlos López

Recomendacións lectoras verán 2023

 

 

MALETA VIAXEIRA DE "BIBLIOTECA CREATIVA" (22 - 5 - 2023).

  Chegou ao noso centro a maleta da Asesoría de biblioteca escolares que solicitamos para este último trimestre. Trátase dun surtido de libros e xogos de "Biblioteca creativa" que poderemos gozar ata finais de curso.

POEMAS MUSICADOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 - 02 - 2023).

  A comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, quere compartir con vós diferentes versións do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

  Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós!!

 

 

 

 

FESTA DE ENTROIDO E QUEIMA DO MECO (17 - 02 - 2023).

  O último da semana tivemos no cole a nosa festa de Entroido. Grazas ao bo tempo puidemos empregar as novas instalacións deportivas como pista de xogo e baile.

  Puxemos os disfraces que máis nos gustaban e aproveitamos a zona de terra colindante para levar a cabo a tradicional "queima do Meco".

  O alumnado de 5º e 6º co deseño deste Meco, quixo levar a cabo unha crítica á realización do mundial de fútbol en Qatar, un país que (entre outras cousas) non recoñece os dereitos das mulleres nin das persoas pertencentes ao do colectivo LGTBIQ+


Distribuir contido