CULTIVO DE LUFAS NO NOSO HORTO

Antes de que rematase o outono procedimos a recolectar as lufas do noso horto escolar para poñelas a secar.


 

A lufa é unha planta da familia das cucurbitáceas á que tamén pertencen froitos moito máis coñecidos como a cabaza, a cabaciña, o cogombro ou o pepinillo. Orixinalmente, trátase dunha planta de procedencia tropical aínda que hoxe en día xa se cultiva en España con moi bo rendemento.

 

Comezamos esta tarefa, realizando unha investigación sobre este vexetal. Empregamos as sesións de Proxecto Competencial en 3º e 4º de primaria para recompilar información e, mediante a aplicación de edición gratuíta Canvaelaborar un pequeno libro sobre o cultivo e uso das lufas para a nosa biblioteca. Deste modo, tamén melloramos as nosas competencias dixital e de aprender a aprender.

 

Deixamos as lufas a secar durante varios meses e, o pasado xoves acudimos a ver como seguían e se xa estaban listas para recoller a semente e aproveitar a pulpa para facer esponxas naturais.

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º o encargado de levar a cabo dita tarefa.

 

A recolecta de semente foi moi doada de realizar, abrimos un pouquiño a lufa por debaixo e comezaron a caer todas as sementes. Mirade!

 

A continuación, gardámolas nun bote para sementalas cando chegue o bo tempo.

 

A continuación, estivemos a ver un vídeo no que se explicaba o proceso de cultivo e a época idónea do ano para o sementado. Tamén, estamos a traballar cos contos que vedes a continuación para aprender moito máis sobre o noso horto.

  

 

Nas pŕoximas semanas traballaremos cas lufas para conseguir as esponxas.