Biblioteca en familia

Espazo para as familias dentro da Biblioteca do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O OSO DE SALCEDO

Ao día seguinte da visita do Oso, durante a hora de lectura, Enmanuel, papá de Jorge e participante en diversas actividades do Entroido de Salcedo dende hai moitos anos, acudiu ao cole a explicarnos un pouquiño máis a ampla e lonxeva tradición desta festividade na parroquia pertencente ao Concello da Pobra de Brollón. 

 

 

Non soamente nos falou da figura do Oso, senón que nos explicou a diversas tradicións que existen no Entroido de Salcedo como por exemplo, As Madamas e os Danzantes que saen o domingo de Entroido a danzar polas rúas. 

 

Ou o teatro que se realiza na noite do sábado e, que cada vez ten maior afluencia de público debido a diversión e entretemento que lle ofrece aos seus espectadorxs.

 

Ademais, tamén nos trouxo a máscara do Oso e dos seus criados para que todos a puideramos tocar e probar. Explicounos como están feitas as traxes de ambos, o primerio deles con lá de ovella e o dos segundos de sacos de patacas. 

   

   

 

Pareceunos moi interesante todo o que nos contou Enmanuel, a verdade é que descoñecíamos moitas das tradicións que existen ao noso arredor. Grazas tamén, as explicacións do noso compañeiro Jorge que estivo súper implicado! 

En definitiva, grazas por todo o que aprendimos nesta sesión tan enriquecedora! Quedounos claro o gran traballo e ilusión que existe detrás de toda esta festividade. 

VISITA DO OSO DE SALCEDO E OS SEUS CRIADOS

O pasado martes veu de visita ao noso cole o Oso de Salcedo con dous dos seus criados!!! Que sorpresa levamos ao velo aparecer no noso patio no tempo de lecer de despois do xantar!!!

Ao principio algúns asustámonos un pouco, pero ao final case todos acabamos acariciándoo e sacándonos fotos con el. Aquelxs alumnxs que non quixeron participar estiveron sentados nas gradas observando todo!

  

 

Xogou moito con nós!!! E deunos moitos abrazos!!!

  

 

Ao final, tanto o alumnado como os metres acabamos tiznados polas súas gadoupas.

 

 

Esta actividade puxo o "broche final" ao proxecto que estivemos a facer titulado O noso Entroido, que pensamos proseguir nos cursos sucesivos debido ao gran interese que despertou entre todxs nós. 

 

 

Queremos agradecerlle á Asociación Veciñal de Salcedo a posibilidade de ter o gran privilexio de que o Oso e mais os seus criados visitase o noso centro. E, en especial queremos agradecerlle a participación a Enmanuel, o papá de Jorge de Infantil, que fixo posible que toda esta idea se fixese realidade. 

 

 

Para nós, xa eres un Oso moi amoroso! Entre as voces ao saír do cole escoitábanse mensaxes como: "Foi o mellor día de cole"!!!!

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE SOFÍA

O pasado venres día 15 viu a "Conto en familia", Almudena, a mamá de Sofía de Educación Infantil.

 

 

Contounos un conto súper divertido sobre o país das pantasmas, no que todo está en branco e negro. O libro é o seguinte: A pantasama colorida, de Gema García, con ilustracións de Rocío Pedreira da editorial Hércules. Nel relátase a historia dunha pequena pantasma moi especial que se ve tentada a pintar a súa localidade coa cor das flores.

 

 

 Almudena e Sofía trouxeron moitas flores de diversas cores para que cada un de nós pintásemos a nosa propia pantasma con elas, como acontecía no conto. Mirade como quedaron! Encantounos esta actividade!

 

 

 

 

Moitísimas grazas, Almudena, por traernos esta actividade tan divertida! Estamos desexando que volvas a compartir un ratiño con nós!

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

 

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE DYLAN E DANIELA

O pasado venres día 26 viu a "Conto en familia", Alba, a mamá de Dylan de Educación Infantil e Daniela de 6º de Primaria. 

  

Contounos dos contos súper interesantes e divertidos, que nos trasmitiron o valor da empatía, da confianza en un mesmo, do autoconcepto... O libro é o seguinte: De mayor quiero ser...feliz, de Anna Morató García, con ilustracións de Eva Rami. Un exemplar que inclúe diferentes contos sobre positividade e autoestima. 

 

De mayor quiero ser... feliz: 6 cuentos para potenciar la positividad y  autoestima de los niños (Emociones, valores y hábitos) : Anna Morato  García: Amazon.es: Libros 

  

Ao rematar a sesión, Dylan entregoulle a súa nai o detalle de agradecemento pola visita. Ademais, con este "Conto en Familia" comezamos o noso libro de visitas da biblio, un rexistro de todas aquelas persoas que ao longo dos cursos veñan a visitar este espazo tan importante para nós. 

 

 

 

 

 

Esperemos que todo o noso alumnado sexa mooooi feliz sempre!

Moitísimas grazas, Alba, por traernos estas ensinanzas tan importantes! Estamos desexando que volvas a compartir un ratiño con nós!

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE THEO

O venres día 10 iniciamos a actividade "Conto en familia", que como en cursos anteriores, ten lugar un venres ao mes. 

Neste caso foi Yolanda, a nai de Theo de Educación Infantil, quen visitou a nosa biblioteca para presentarnos en primicia o conto que acaba de publicar titulado O misterio do tulipán. O curso pasado xa nos presentara o manuscrito do mesmo e agora enseñounos o conta xa editado. Encantounos. 

Logo da lectura, estivemos a facerlle algunhas preguntas sobre o libro, sobre cando e como comezou a escribir...

Ademais, de todo iso, desvelounos outra gran sorpresa!! Oxalá, este conto sexa o primeiro de moitos outros. 

 

Estamos desexando ter o teu conto na nosa biblioteca!!

Moitas grazas por vir a compartir un ratiño con nós. 

 

 
 

TEMOS NOVAS PITAS NO COLE. (28 - 09 - 2023).

O xoves 28 de setembro, viñeron dúas novas pitas ao cole. Son dúas poliñas novas ás que aínda non lles puxemos nome.

A pesar de que o primeiro encontro coas outras pitas e o galo foi algo brusco, pouco a pouco estanse aclimatando e comezan a sentirse máis integradas no galiñeiro.

  Moitas grazas a Yolanda, nai de Theo por este fermoso agasallo!

Pin on vida

SALSA DE TOMATE

VISITA AO CONCELLO, XINCANA DE XOGOS E FESTA NO ÚLTIMO DÍA DE CURSO (21 - 06 - 2023).

   Rematou o curso 2022 - 2023 e neste último día tivemos unha xornada chea de actividades: 

   Comezamos realizando unha saída ata o Concello de Bóveda onde fomos recibidos polo alcalde e pola Concelleira de Cultura e Educación.

    No salón de actos contestaron a todas as nosas preguntas e compartiron con nós unha fermosa presentación en vídeo do noso Concello. Antes de despedirnos regaláronnos un pin co escudo de Bóveda explicándonos a súa simboloxía: os tres ríos do Concello e as catorce parroquias.

   Seguidamente fomos xogar ao parque da Filgueira e despois iniciamos o camiño de regreso polo fermoso paseo á beira do río.

   No cole estaba esperando por nós a xincana de xogos organizada polo profesorado e as familias: unha hora e media de xogos en diferentes estacións con merenda de froita incluída.

   E para rematar o día, despois da entrega de notas e materiais, fomos directos ao pavillón municipal a disfrutar da fantástica festa que tiña organizada a ANPA para o alumnado con demostracións das diferentes actividades extraescolares, música, baile e colchoneta incluída.

   Un día emocionante onde despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras de sexto que marchan do cole e ao profe Fran que non estará con nós para o vindeiro curso. A todos e todas vós desexámosvos moita sorte nesta nova etapa e un feliz verán!

   Ata pronto!!

 

RECICLANDO PAPEL E FOMENTANDO A CONVIVENCIA NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (05 - 06 - 2023).

   Este 5 de xuño, "Día mundial do medio ambiente", celebramos no noso centro un obradoiro de papel reciclado.

   Despois dunha semana de preparación recollendo o papel usado, clasificando, picando e batendo para facer unha pasta base; por fin chegou o momento de elaborar as nosas láminas.

   Quixemos facelo en comunidade, convidando ás familias a participar pero tamén aos nosos veciños e veciñas da residencia de persoas con discapacidade "Domus VI".

   Un grupo de usuarios e usuarias xunto coa educadora e a animadora sociocultural achegáronse ata o noso centro e compartiron coa comunidade educativa do Rosalía de Castro unha mañá de traballo colaborativo e experiencias creativas.

   Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes para que este obradoiro saise adiante! Sodes xeniais!

 

VEÑEN ALBA (NAI DE CARLOTA) E PABLO PARA REFACER A NOSA ESPANTALLA. (31 - 05 - 2023).

   O alumnado de Infantil dedicou o día a renovar o espantallo do noso horto escolar.

   Nesta ocasión trátase dunha espantalla chamada Alba que a nai de Carlota máis Pablo viñeron para axudarnos a facela. Quedou fermosa cos seus pelos de cores e a súa cariña ben feita!

   Moitas grazas por vir ao cole e pasar o día con nós!

Distribuir contido