NACERON POLIÑOS NO NOSO COLE!

 Estamos encantadxs e súper emocionadxs atendendo aos seis poliños que naceron estes días. Están vivindo nunha caixa de madeira que Julián (o papá de Liza) construiu para que poidan estar quentiños nas primeiras semanas de vida. Moitísimas grazas Julián!! A caixa ten instalada unha lámpada incandescente que lles proporciona calor e luz.

 

Neste proceso tivemos un importante contratempo: un corte de luz que deixou sen funcinar a incubadora unha noite. Pero, grazas ao ovoscopio, puidemos seleccionar aos ovos vivos, retiramos os que se estropearan e decidimos incluír dous ovos máis.

Despois de 22 días, o 15 de maio comezaron a nacer e asistimos, emocionadxs, á eclosión de catro ovos.

 

Na incubadora quedaron unha semana máis os ovos que puxemos máis tarde e, porfin, o pasado martes, tamén naceron estes outros dous poliños!!!

 

Agora os nosos seis poliños están sendo coidados e atendidos polo alumnado que continuará con esta labor ata o mes de xuño.

 

Os poliños precisan un fogar agora que remata o curso e, por isto, iniciamos a campaña: "ADOPTA UN POLIÑO".

 

Todas aquelas familias que desexen participar no proceso de adopción poden mandar ao cole o formulario que se mandou ás casas cuberto. Rapartiremos os poliños entre as familias adoptivas e, se hai moitas solicitudes, realizaremos un sorteo público para determinar a que casas van os poliños.

    

 

Foi unha experiencia incrible! Estamos aprendendo moitas cousas novas!