Blogues

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: O PROTAGONISTA DA SEMANA

  Este curso escolar, a aula de Infantil está levando a cabo o proxecto "Protagonista da semana" que permite abordar os obxectivos e contidos

da educación infantil dunha maneira atractiva, dinámica e interesante. Ademais de incidir na formación dunha autoestima positiva, axústase

de maneira especial ás características individuais de cada nenx e facilita a implicación familiar.

Durante unha semana, todas as actividades realizadas na aula xiran ao redor do alumno ou alumna que lle corresponda ser protagonista e

realizamos un libro con documentos e imaxes delas: fáiselle unha pequena entrevista, amosa e explica fotos da súa vida, debuxámolx,

medímolx, pesámolx, contamos cousas sobre el/ela, etc;  e recibimos na aula á súa familia.

Cada familia organiza a visita do xeito que prefira traendo á aula unha actividade preparada dende a casa.

Deixamos aquí algunhas imaxes das actividades realizadas ata o momento.

Moitas grazas familias pola vosa participación e implicación!

Sodes xeniais!!

 

Sesión de cancións e xogos coa familia de Valentina:

 

 

 

Sesión de maquillaxe coa familia de Miley

 

Coñecemos a "Limón" a chinchilla de Xila.

 

Contos coa familia de Theo.

 

Xogos de mesa coa familia de Dylan.

 

Obradoiro de arxila, contos e música coa familia de Maia.

 

 

 

E, neste curso, aínda quedan moitas semanas de protagonistas por diante cheas de sorpresas e ideas marabillosas que poñer en práctica.

Grazas as familias por axudarnos a crear unha comunidade educativa aberta e participativa!!

Galego Sticker by AiFalaches

APRENDEMOS A RELAXARNOS E A ACTIVAR OS SENTIDOS EN INFANTIL.

Continuamos coas sesións de Ioga na aula de Infantil.

Nesta ocasión, e como o mal tempo non nos permitía saír fóra, realizamos unha sesión de relaxación con pouca luz, música suave e incienso.

Experimentamos diferentes sensacións táctiles con bolas de xel e discos de masaxe.

Para rematar, escoitando música clásica, representamos libremente as sensacións experimentadas nun mural colectivo que pintamos no chan.

Pasámolo xenial aínda que a nosa roupa tamén quedou decorada coas pinturas (je,je).

SESIÓNS DE IOGA AO AIRE LIBRE CO ALUMNADO DE INFANTIL

No programa de estimulación da linguaxe (PELO) que se leva a cabo os mércores na aula de infantil,dedicamos unha parte da sesión á relaxación e á toma de conciencia do noso corpo.

A nosa nova compañeira especialista en Audición e Linguaxe Noelia Soriano, estanos aprendendo exercicios de Ioga que nos encantan.

Hoxe, animad@s polo sol, decidimos facer estes exercicios ao aire libre conectando coas árbores, os paxariños e o río que se escoitaba por debaixo da escola.

 

 

 

 Grazas Noe! Pasámolo xenial! Esperamos que siga o bo tempo para poder repetilo!

 

Relax Vakantie Sticker by miekinvorm for iOS & Android | GIPHY

NOVOS LOGOTIPOS DO NOSO COLE

Estamos encantadxs de presentavos o novo logo do noso cole. Empregando o mural que ilustra a entrada ao centro, recortamos a cara de Rosalía de Castro e elaboramos este logo que xa forma parte da nosa páxina web.

Tamén, elaboramos o do comedor, o do horto, o galiñeiro e o da nosa biblioteca coa mascota da mesma, elaborada o curso pasado polo alumno Hugo Lagoa Sánchez, que foi a máis votada polo alumnado entre  todas as que se presentaron. Foi denominada Morcego Plata e así de bonita queda no novo logotipo. 

 

  

MAGOSTÍN 2023

Coa chegada do outono chegan dúas das conmemoracións que máis nos gustan: o Magosto e Samaín. Nós mesturamos ámbalas dúas e creamos o Magostín do CEIP Rosalía de Castro. Nos seguintes carteis podedes ver toda a información para o evento.

 

 

 

Mirade a nosa exposición de cabazas. Sodes verdadeirxs artistas!!!

 

Ademais, o alumnado de Infantil elaborou unha cabaza para os nosos amigos e amigas da residencia de persoas con discapacidade DOMUS VI. Nesta foto podedes ver o bonita que quedou adornando a recepción da residencia.  

 Primeiro o alumnado de Infantil foi apañar castañas a nosa zona verde, a continuación o alumando de 5º e 6º de primaria estivo axudando ao mestre encargado de asar as castañas a encher o bombo. Logo do xantar, tomamos as castañas como sobremesa. Mirade!

 


 

Despois do magosto participamos nos "Xogos de outono". Fixemos grupos multinivel para ir pasando polas diferentes estacións. No seguinte arquivo podedes ver os carteis de cada unha. Foi moi divertido pasar un rato todxs xuntxs!


 

GALERÍA DE IMAXES

 

PASÁMOLO DE MEDO!!!

Halloween Gifs Pt 2 | The Dots

OBRA DE TEATRO PINCONÚS

O venres día 13 ás 15:00 horas asistimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para ver a comedia musical Pinconús. Unha obra para o público familiar, dirixida por José Campanari e con música de Piti Sanz. A entrada foi de balde e aberta a toda a comunidade educativa. 

Rímonos moito!

Actividade organizada pola ANPA do CEIP Rosalía de Castro.

 

 

TEMOS NOVAS PITAS NO COLE. (28 - 09 - 2023).

O xoves 28 de setembro, viñeron dúas novas pitas ao cole. Son dúas poliñas novas ás que aínda non lles puxemos nome.

A pesar de que o primeiro encontro coas outras pitas e o galo foi algo brusco, pouco a pouco estanse aclimatando e comezan a sentirse máis integradas no galiñeiro.

  Moitas grazas a Yolanda, nai de Theo por este fermoso agasallo!

Pin on vida

SALSA DE TOMATE

ORGANIGRAMA DO CENTRO

COLLEITA DO NOSO HORTO

Distribuir contido