Animación á lectura

O OBRADOIRO DE CREACIÓN DE EMPREGO DO CONCELLO DE BÓVEDA PON A PUNTO O NOSO COLE. (Semana do 2 ao 6 de maio).

O colexio de Bóveda ten o privilexio de contar cun dos patios escolares máis grandes e máis verdes da nosa contorna.

As rapazas e os rapaces do Obradoiro de Emprego do Concello de Bóveda e a súa monitora estiveron toda esta semana no noso centro realizando as labores de limpeza e debroce da área verde. Trouxéronnos e colocaron os bancos que nos deu o Concello para a nosa zona de lectura ao aire libre e realizaron animaliños de madeira para decorar o noso patio.

Moitas grazas polo voso traballo!!

O MORCEGO "PLATA" FOI ELIXIDO COMO MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA. (27 - 04 - 2022)

Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a todas as familias a súa implicación nesta actividade. Os deseños que mandastes eran espectaculares e calquera deles podería representarnos con moito acerto.

Unha vez recibidos os debuxos tocounos a ingrata labor de escoller só 12 deles para entrar no proceso electoral. Priorizamos aqueles deseños que facían alusión á biblioteca escolar e tamén aos que tiveran relación co noso entorno (natureza, colexio...) buscando un equilibrio de xeito que todas as aulas dende Infantil a terceiro ciclo estiveran representadas.

No día de onte, alumnado, persoal non docente e docentes levamos a cabo o proceso electoral.

Despois dunha reñida votación, resultou elixido o morcego Plata.

Parabéns Plata! Benvido ao noso cole!

 

"BOLSAS DE CORES". (Obradoiro de tinguido levado a cabo do 22 ao 26 de abril de 2022)

Estamos ultimando os detalles para a posta en marcha da actividade "BOLSAS DE CORES".

Durante o mes das Letras Galegas, cada familia poderá gozar dun lote de libros de temáticas diversas en lingua galega.

Os libros serán repartidos nunhas fermosas bolsas de cores que o alumnado de Primaria está a tinguir coas súas propias mans.

Están quedando preciosas!

 

"MERCADIÑO DO LIBRO USADO" (26 de abril de 2022)

 

Esta é unha proposta para darlle unha nova vida a eses libriños que temos na casa esquecidos.

  Nalgún recantiño do noso fogar poida que haxa algún libro que hai tempo que non ledes. Poden ser libros que deixaron de gustarnos ou que xa non se axustan á nosa idade.

  O 26 de abril, levaremos a cabo na biblioteca o noso primeiro "Mercadiño do libro usado".

  Trátase dunha actividade voluntaria que consiste en traer ao cole libros en bo estado (nin pintados, nin rotos, nin raiados ou nin deteriorados) a cambio dos cales obteremos "Billetes de Rosalía".

  Podedes traer ata tres libros que serán cambiados por outros tantos "Billetes de Rosalía". O día do mercadiño poderedes adquirir outros libros empregando eses billetes.

  Animádevos a participar para que os libros que están parados nas nosas casas poidan seguir facéndonos soñar!

O equipo de biblioteca

DÍA DAS ESCRITORAS 2021: OLGA NOVO

Para conmemorar o Día das Escritoras, as bibliotecas que formamos o colectivo decidimos dedicar este día á escritora da nosa comarca María Olga Novo Presas (Vilarmao, 1975) pola súa importante traxectoria literaria.

 

     Este ano a comisaria da conmemoración é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema escollido "ler as idades da vida", por isto as diferentes bibliotecas afondamos no seu texto O pequeno petrucio e a naiciña nena no que comparte lembranzas da infancia. 

    Cada biblioteca traballou o texto durante varios días desde perspectivas diferentes: lectura, tradución, ilustración, investigación... e agora podedes ver o resultado de todos os traballos a continuación. 

FELIZ  DÍA  DAS  ESCRITORAS!!

 

 

 

Enlace á entrada no blog de LemosLe: http://lemosle.blogspot.com/2021/11/dia-das-escritoras-2021-olga-novo.html

 

SAMAÍN 2012

Este ano, para celebrar o SAMAÍN no colexio,ademais do concurso de cabazas que xa vén sendo habitual por estas datas, todos os nenos e nenas do cole participaron o pasado mércores día 31 de outubro,nunha actividade na Biblioteca do centro. Dende os máis cativos ata os maiores todos aportaron os seus Contos de Medo.


Tarde terrorífica no Rosalía de Castro.                         


                              


Para ver as fotos, picade aquí.


No recibidor do centro temos unha exposición artesanal feita polos alumnos do 2º e 3º ciclo e coordinada pola mestra de E.Plástica Nati a base de froitos do outono.


                   Uns verdadeiros artistas ¡¡¡               


Para ver estas fotos, picade aquí.

DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola CONFERENCIA XERAL DA UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e deste xeito, animar a todos, e en particular aos máis novos a descubrir o pracer da lectura e a respectar a contribución dos creadores ao mundo cultural.


                      


                         


 O pasado día 23 outorgouse o prestixioso PREMIO CERVANTES ( o galardón máis importante das letras en español ). Este ano recaeu no escritor chileno :


 




             NICANOR  PARRA




Sabede que este ano, a Capital Mundial do Libro é :


                       EREVÁN ( Armenia )


O día 25 pola mañá todos os nenos e nenas de E.Primaria realizaron xunto ás súas profes outra actividade para conmemorar esta data.


Na biblioteca do cole desfrutaron dunha presentación sobre " El Quijote " despois de haberen lido algúns dos capítulos desta obra. 


                   


Interesante posta en común da obra e vida de Cervantes, cada grupo ao seu nivel. Para ver as fotos desta sesión, podedes picar aquí.


 


         

Distribuir contido