2012/2013

CONCERTO DIDÁCTICO EN SOBER

O pasado venres 07 de xuño, todos os alumnos e profes do cole asistimos a un concerto didáctico invitados polo Exmo.Concello de Sober.   


Moi ameno e participativo foi o espectáculo que nos ofreceu o grupo de percusión ODAIKO na Casa da Cultura soberina.


                        


Para ver as fotos, picade aquí.

EXCURSIÓN A RIBADEO

O pasado venres 31 de maio, todos os alumnos do colexio xunto ás profes, fixemos a nosa saída do terceiro trimestre.   


           


Un fantástico día no que visitamos a vila de Ribadeo, na mariña lucense ; demos un paseo en lancha pola ría e logo xa pola tarde fomos á praia das Catedrais.


        


 


Para ver as fotos, picade aquí.

LETRAS GALEGAS . 2013

O pasado 17 de maio, celebrouse o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ó escritor santiagués :


 


         RICARDO VIDAL BOLAÑO    


O mércores pola mañá, todos os alumn@s e profes do cole, celebramos no porche do colexio un acto sobre este día tan importante para a nosa lingua.


Para ver as fotos, picade aquí.


 



 


Xa pola tarde e invitados polo Concello de Bóveda a través da Casa da Cultura, asistimos a unha representación de sombras chinesas, coas que  Sherezade nos mostrou algúns dos máis famosos contos de Grimm.


 


       


 


Para ver as fotos deste acto, picade aquí.

CONVIVENCIA CO CEIP DE PUEBLA DE BROLLÓN

O pasado día 10 de maio, tivemos no centro a visita dos compañeiros e profes do CEIP de Puebla de Brollón.          


                                              


Nesta convivencia deportiva que xa levamos varios anos celebrando ( cada vez nun dos coles ) os rapaces disfrutaron dunha chea de deportes , xogos, bailes e talleres e como non,dun ameno xantar entre todos.


           


 


Para ver as fotos deste día, picades aquí.

23 de Abril. DÍA DO LIBRO.

 


O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola CONFERENCIA XERAL DA UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e deste xeito, animar a todos, e en particular aos máis novos a descubrir o pracer da lectura e a respectar a contribución dos creadores ao mundo cultural.




                      




 




 O pasado día 23 outorgouse o prestixioso PREMIO CERVANTES ( o galardón máis importante das letras en español ). Este ano recaeu no escritor  :


JOSÉ MANUEL CABALLERO BONALD



Sabede que este ano, a Capital Mundial do Libro é :


      Bangkok ( Thailandia )



O  martes día 23 pola tarde,todos os nenos e nenas do colexio realizaron xunto ós seus profes unha actividade conxunta na biblioteca do colexio para conmemorar esta data.


Contos, poesías, lectura dun capítulo de D.Quijote... exposición de libros antigos e de banda deseñada,murais, debuxos... unha variada e animada sesión na que participaron tod@s.


Para ver as fotos, picade aquí.



CONTADA NA CASA DA CULTURA

O pasado venres día 19 de abril pola tarde, todos os alumn@s do colexio acompañados polas súas mestras, asistiron a unha CONTADA na Casa da Cultura de Bóveda invitados polo Concello a través da Biblioteca Municipal.






Mentras un dos rapaces nos contaba a historia da Bolboreta Violeta, o outro facía ó mesmo tempo o debuxo representativo. Son os autores da colección de Xerais : " Polo correo do vento "


Todos rematamos debuxando  e o pasamos estupendamente.


 


Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

Debuxos " Edad del hielo "

Aquí tedes os debuxos que realizaron os nen@s de 1º de E.Primaria sobre a película : " La edad del hielo " que fomos ver a Monforte o pasado 15 de marzo.





DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA

O 22 de marzo, conmemórase o :


   DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA   


Despois de traballar uns libriños nas aulas, por xentileza da Deputación de Lugo, os alumn@s e profes reuníronse ás 12 h deste día para plantar unha árbore no patio do colexio.


Elexido a sorteo, o nome da nosa árbore é : MANOLO.



Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

SAÍDA DO SEGUNDO TRIMESTRE

O pasado venres, 15 de marzo, todos os alumn@s  do colexio acompañados por varios profes, realizaron a saída do segundo trimestre á localidade de Monforte de Lemos.


Primeiro , unha divertida película de debuxos animados en Multicines Hollywood e de seguido, unha visita á Área Monumental de S.Vicente do Pino, onde todos visitaron a torre da homenaxe e os alumnos de 5º tamén o claustro do Parador .



Para ver as fotos da visita ó cine, picade aquí.


Para ver as fotos da visita á Área Monumental, picade aquí.

08 DE MARZO. DÍA DA MULLER.

O pasado 08 de marzo, todos os nenos e nenas do colexio asistiron á proxección dun vídeo na Casa da Cultura de Bóveda, titulado :


 


 Profesións sen xénero


 




Un moi interesante traballo a cargo de Miriam Palmón, gravado en Monforte de Lemos, que rematou cun pequeno coloquio acerca da igualdade para exercitar calquer traballo.


Para ver as fotos, picade aquí.

Distribuir contido