23 de Abril. DÍA DO LIBRO.

 


O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola CONFERENCIA XERAL DA UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e deste xeito, animar a todos, e en particular aos máis novos a descubrir o pracer da lectura e a respectar a contribución dos creadores ao mundo cultural.




                      




 




 O pasado día 23 outorgouse o prestixioso PREMIO CERVANTES ( o galardón máis importante das letras en español ). Este ano recaeu no escritor  :


JOSÉ MANUEL CABALLERO BONALD



Sabede que este ano, a Capital Mundial do Libro é :


      Bangkok ( Thailandia )



O  martes día 23 pola tarde,todos os nenos e nenas do colexio realizaron xunto ós seus profes unha actividade conxunta na biblioteca do colexio para conmemorar esta data.


Contos, poesías, lectura dun capítulo de D.Quijote... exposición de libros antigos e de banda deseñada,murais, debuxos... unha variada e animada sesión na que participaron tod@s.


Para ver as fotos, picade aquí.