2011/2012

DESPEDIDA DO CURSO 2011-2012

E por fin chegou o derradeiro día deste curso, día de emoción e despedidas...


Un xantar especial para todos coa entrega  das orlas de despedida dos nen@s que pasan de E.Infantil a E.Primaria e dos nosos rapaces de 6º que marchan para facer a ESO en Monforte.


Desfrutade moito do verán. Vémonos de novo o 12 de setembro.                     


Para ver as fotos, picade aquí.

OBRADOIRO DE E.PLÁSTICA EN E.INFANTIL

Xoves,21 de xuño e a piques xa de rematar o curso. Ollade os murais que realizaron os peques de E.Infantil coa súa profe Mª José.


Pasárono xenial ¡                   


Se queredes ver as fotos, picade aquí.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Mural elaborado polo alumnado de 6º de E.Primaria co gallo do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, que se celebrou o pasado 09 de xunio.


 


VISITA AO IES DAVIÑA REY

O pasado venres día 15 de xuño, os alumn@s do terceiro ciclo achegáronse a Monforte invitados pola dirección do IES Daviña Rey, instituto ao que está adscrito o noso centro.


                       


 Acompañados polas mestras Mónica e Ángeles e os compañeiros do 3º ciclo do Ceip de Puebla de Brollón e a súa titora, percorreron as instalacións, coñeceron a algúns dos que serán os seus profesores o vindeiro curso e charlaron con antiguos compañeiros do cole que xa estudian aí.


     


Para rematar a visita, un pouco de diversión no xardín da Compañía.


Para ver as fotos desta saída, picade aquí.

TALLER DE CONTOS

O venres día 08 de xuño, na sala de usos múltiples do colexio, todos os nen@s do colexio participaron nun taller de contos ofertado por EDITORIAL SANTILLANA e dirixido por Santiago Jaureguízar.


Na primeira sesión estiveron os de E.I. e 1º ciclo e xa na segunda, os alumn@s do 2º e 3º ciclos.


                                    


 


Para ver as fotos, picade aquí.

EXCURSIÓN A VIGO

Os rapac@s de E.Primaria do cole, comezaron este derradeiro mes do curso moi animados.


                                             


E non podía ser doutra forma, pois todos e todas, profes e alumn@s , pasámolo xenial nesta viaxe a Vigo que realizamos o pasado venres día 01 de xuño.


Pola mañá visitamos o MUSEO DO MAR  ( fotos )


Logo fomos ver a Exposición Permanente NATURNOVA en Nova Caixa Galicia  e despois a xantar  ( fotos )


                                                        


Xa pola tarde embarcamos rumbo a MOAÑA nun catamarán no que a Capitana María deu permiso  para que todos os peques se puideran facer unha foto manexando o timón ( fotos )


                                             


Despois dunhas interesantes explicacións no porto de Moaña, tivemos uns animados xogos na praia... de seguro algún se bañaba de boa gana,aínda que houbo que conformarse con mollar os pés e xogar á beira da auga. Para rematar, regreso a Vigo, merenda en A Cañiza e volta para casa ( fotos )


Fantástico día... ata o tempo se puxo da nosa parte para poder disfrutar tanto ¡

VISITA AO VIVEIRO OS TROLLOS DOS NEN@S DE E.I.

O pasado xoves 31 de maio, os nenos e nenas de E.Infantil, foron de visita ó Viveiro Os Trollos acompañados polos mestres Mª José,Sara e Félix.


Unha estupenda forma de rematar a unidade didáctica sobre A PRIMAVERA.


 


 


Para ver as fotos desta  saída, picade aquí.


LETRAS GALEGAS 2012

                


Mural elaborado pola mestra e alumn@s de E.I.


 


Dúas actividades máis para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ó escritor pontevedrés 


 VALENTÍN PAZ ANDRADE


O pasado mércores día 16 de maio,pola mañá, os alumn@s do 1º e 2º ciclos, foron á aula de informática para ver un power point elaborado pola mestra Sara Adrán sobre a vida e a obra de Valentín Paz.


                                                                                           


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.


Xa pola tarde, todos os alumnos do colexio asistiron a unha representación na Biblioteca Municipal ofertada polo Concello de Bóveda.


Ás 15.30, todos puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos titulada


 OS CONTOS DO TITIRITEIRO  e representada  pola compañía 


                         A XANELA DO MAXÍN


                                                                                        


Para ver as fotos da sesión de contacontos, picade aquí.



O RATO ILUSTRADOR

     


Sesión de contacontos da Compañía Trinke Trinke, que desfrutaron todos os alumn@s do cole o pasado martes día 24 de abril por xentileza do Concello de Bóveda a través da BIBLIOTECA MUNICIPAL.


Fotos cedidas pola Biblioteca Municipal. Para velas,picade aquí.

COLOMBOFILIA

A COLOMBOFILIA consiste basicamente na afición, cría, coidados e adestramento de pombas, en especial, as mensaxeiras.                                                             


Inscritos no programa XOGADE da Xunta de Galicia, todos os nen@s de E.Primaria do colexio disfrutaron o pasado venres,día 11 de maio dunha sesión de colombofilia.


                                          


Un vídeo, visualización e explicacións sobre varias pombas e para rematar, solta dunha pomba mensaxeira, son algunhas das actividades que desenrolaron nas dependencias do colexio.


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.

Distribuir contido