2011/2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O pasado xoves, día 22 de marzo, conmemorouse o


               DÍA MUNDIAL DA AUGA


Todos os nen@s de E.Primaria do colexio, leron o libro Dona Pinga e Don Carballo por xentileza da Exma.Deputación de Lugo e logo, as 12 h do mediodía, saímos todos xuntos ó patio para plantar un carballo. 


Divertido o nome que saiu elixido. Xa está bautizado o noso carballo co nome de:


        PEPE        


 


                             


 


Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

SEMANA DA PRENSA

 Entre o 12 e o 16 de marzo, traballamos no colexio con xornais para conmemorar a


             SEMANA da PRENSA   


 


               


Os alumnos e alumnas do 1º e 2º ciclos xunto ás súas titoras Sara e Verónica,fixeron varios traballos que poderedes ver picando aquí.


        



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Mural realizado por Sofía e Rocío ( alumnas de 6º de E.P. )


                          

IGUALDADE E CONVIVENCIA

Menuda tarde pasaron os nenos e nenas do colexio o pasado venres 9 de marzo, na Casa de Cultura de Bóveda, asistindo a unha actividade ofertada polo Concello a través da Biblioteca Municipal.


                                       


                                                           


Sesión a cargo de EDUVÍA. Tres contos con sabor a igualdade e convivencia para conmemorar o Día da Muller Traballadora.


Para ver as fotos da sesión, picade aquí.

MENÚ MARZO

Para ver o menú do mes de marzo, picade aquí.    

ENTROIDO 2012

Por fin chegou  o Entroido ao colexio de Bóveda ¡                  


Moi ben o pasaron todos os nenos e nenas disfrazados, a tarde do pasado venres día 17 de febreiro.


Vaqueiros,cabaleiros, princesas,superheroes, piratas...ata un bombeiro había por se facían falla os seus servicios á hora de queimar os compadres e as comadres.


Logo, coma sempre, chocolate quentiño e larpeira para tod@s.


                                


Se queredes ver as fotos dos adornos, picade aquí.


Para ver algunhas fotos da festa, picade aquí.


O noso agradecemento para as mamás que viñeron a axudar.

MENÚ FEBREIRO

Para ver o menú do mes de febreiro, picade aquí.


                                                                      

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Ollade que murais máis fermosos fixeron os nenos e nenas do colexio para conmemorar o DÍA DA PAZ.



 


Para ollar outros traballos, picade aquí.


 


CONCURSO DE POSTAIS

Este ano os gañadores do concurso de postais foron :


E.Infantil - Gabriel


1º Ciclo - Nerea


2º Ciclo - David


3º Ciclo - Rocío


 


                      NORABOA A TOD@S


             

MENÚ XANEIRO

Para ver o menú do mes de xaneiro, picade aquí.                      

Distribuir contido