2011/2012

CHEGOU O NADAL


Moito traballaron todos os nen@s do colexio para celebrar o Nadal :


Puxeron varios beléns e unha árbore, adornaron as aulas e o centro,fixeron postais e tamén cantaron panxoliñas...


                


Este ano, os gañadores do Concurso de postais foron :


E.INFANTIL :  Gabriel


1º CICLO : Nerea


2º CICLO : David


3º CICLO : Rocío


Noraboa a tod@s.


Para ver as fotos dos adornos, picade aquí.


Para ver as fotos dos nen@s cantando panxoliñas e da visita de Papá Noel, picade aquí.


                                   Vémonos o vindeiro día 09 de xaneiro 


                  Boas vacacións ¡     

VISITA Á PANADERÍA DE BÓVEDA

O martes día 29 de novembro, pola mañá, os nenos e nenas de E.Infantil xunto aos profes Mª José, María e Félix foron de visita á  


            PANADERÍA de Bóveda.               


Alí explicáronlles como se fai o pan e cada neno amasou un pouco.


Doce agasallo tiveron despois xa que todos voltaron ao cole cun boliño de leite.


Para ver as fotos desta visita, pica aquí.

MENÚ DECEMBRO

Para ver o menú do mes de decembro, pica aquí.                    

VISITA Á OLEIRÍA DE GUNDIVÓS

O pasado venres 11, día de San Martiño, todos os alumn@s de E.Primaria xunto ás profes Verónica,Sara,Nati e Ángeles fomos de visita ao concello de Sober, máis concretamente á parroquia de Gundivós para visitar a Oleiría.


Alí esperábanos Elías, un fantástico artesán deste tipo de cerámica tan característica e que é unha das máis antigas de Europa.


Estupenda exhibición de como se elabora un xarro de viño .Todos mirabamos abraiados...


Pica no xarro para ver todas as fotos.


        


 

MAGOSTO 2011

 O pasado xoves día 09 de novembro,fixemos o tradicional magosto no colexio.          


Á primeira hora baixaron os rapaces de 6º coa titora e co profe Félix a prender o lume para asar as castañas e un pouco máis tarde sumáronse o resto de nen@s e profes para desfrutar desta celebración.  


        


Unha tarde moi animada entre os xogos que preparou a profe Verónica ,o asado das castañas e a visita que xa é típica tamén dalgúns ex-alumnos que aínda que xa non están connosco, veñen a acompañarnos nesta actividade.


Queredes ver as fotos ? Picade aquí.

HALLOWEEN 2011

Todo un éxito o concurso de cabazas deste ano¡                             


    


 


    


Os gañadores foron :  Iria ( E.Infantil), Adrián ( 1ºCiclo), Samuel ( 2ºCiclo ) e Darío ( 3ºCiclo )


Para ver as fotos das cabaciñas, picade aquí.


Para ver as fotos dos adornos de Halloween e da entrega de premios, picade aquí.

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú do mes de novembro, pica aquí.          


 

CONCURSO DE CABAZAS

Os gañadores do concurso de cabazas deste ano son :


                                                    


E.Infantil -  Iria


1º Ciclo -  Adrián


2º Ciclo -  Samuel


3º Ciclo -  Darío


                                                         NORABOA AOS CATRO ¡


  

QUERES PARTICIPAR NO CONCURSO DE CABAZAS ?

Animádevos tod@s a participar neste concurso.


Haberá premios para todos os ciclos¡


            Podedes seguir as seguintes instruccións :      


                     





OUTONO EN BÓVEDA

Ollade que fermosos murais do OUTONO fixeron entre todos os alumn@s.


NEN@S de E.Primaria.


         


 


Nen@s de E.Infantil.


          

Distribuir contido