"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
EXCURSIÓN A VIGO
Os rapac@s de E.Primaria do cole, comezaron este derradeiro mes do curso moi animados.
E non podía ser doutra forma, pois todos e todas, profes e alumn@s , pasámolo xenial nesta viaxe a Vigo que realizamos o pasado venres día 01 de xuño.
Pola mañá visitamos o MUSEO DO MAR ( fotos )
Logo fomos ver a Exposición Permanente NATURNOVA en Nova Caixa Galicia e despois a xantar ( fotos )
Xa pola tarde embarcamos rumbo a MOAÑA nun catamarán no que a Capitana María deu permiso para que todos os peques se puideran facer unha foto manexando o timón ( fotos )
Despois dunhas interesantes explicacións no porto de Moaña, tivemos uns animados xogos na praia... de seguro algún se bañaba de boa gana,aínda que houbo que conformarse con mollar os pés e xogar á beira da auga. Para rematar, regreso a Vigo, merenda en A Cañiza e volta para casa ( fotos )
Fantástico día... ata o tempo se puxo da nosa parte para poder disfrutar tanto ¡