COLABORACIÓN CON HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS

Como xa sabedes o curso pasado colaboramos coa ONG Hospitaleiros sen fronteiras para axudar aos nenos talibé de Senegal. Sementamos tomateiras e elaboramos xoias no recuncho creativo da nosa biblio. Todo o recaudado foi destinado a esta boa causa. 

      

Este curso, queremos seguir proporcionando o noso graniño de area para axudar a todxs xs nenxs que alí viven, co fin de saír das situacións de pobreza e inseguridade que sufren a diario. Por este motivo, seguimos en contacto con Chus, unha das participantes en dita iniciativa, a cal poñía rumbo a Senegal, máis concretamente a un pequeno pobo chamado Malicounda, o pasado venres. Durante o presente curso faremos un obradoiro de xabón natural que, igual que o curso pasado, irá destinado a recaudar fondos para dita problemática.

Mapa de Senegal -     Bandera del Senegal Imán para nevera, diseño de bandera de la República del  Senegal : Amazon.es: Hogar y cocina

Para profundizar un pouco máis neste asunto, a primeira actividade que levaremos a cabo será unha videochamada para que o alumnado visualice de maneira máis directa a súa axuda. Para que Chus levase algún agasallo do noso cole, durante a semana estivemos a elaborar un mural no que puxemos diferentes fotos do noso Concello, do noso cole... seguro que lles fai moita ilusión ver onde vivimos!

 

Ademais, estivemos a investigar sobre o seu idioma o Wolof, xa sabemos como se din varias cousas, como por exemplo:

Grazas= jerejef.

Ola= Nanga def.

 

Nos próximos días seguiremos a investigar sobre este país tan interesante e sobre o continente africano, tan próximo a nós e a vez, tan descoñecido. 

Estamos desexando que chegue o momento de poñernos en contacto con todxs elxs! Seguiremos colaborando con esta causa tan bonita na que poñemos en valor a solidaridade e axuda como vehículo de cambio no mundo!

Ata pronto queridxs amigxs!