CAMPAÑA SOLIDARIA: XABÓN NATURAL

Como xa sabedes, este curso queremos seguir colaborando coa iniciativa da ONG "Hospitaleros sin fronteras" na recollida de fondos solidarios para axudar á escolarización e mellora das condicións de vida dxs nenxs talibé do Senegal.

 

Neste caso, realizamos un obradoiro de xabón natural que ofrecemos a toda a comunidade educativa a cambio dun donativo.

Logo de deixar secar o xabón, o alumnado de 3º e 4º foi o encargado de cortalo en pequenos trozos de igual tamaño.

  

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou as etiquetas informativas para poñer nos xabóns.

  

 

Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria axudou ao de Infantil a empaquetar o xabón empregando os xornais que chegan ao centro a diario, reutilizando deste modo estes materiais.

  

  

 

Na materia de Proxecto Competencial de 5º e 6º e axudados polas ideas proporcionadas polo alumnado de 1º e 2º de primaria, elaboraron empregando Canva, aplicación online de deseño gráfico, o tríptico informtivo que vos presentamos a continuación. 

 

 

 

Todo o excedente de xabón que non consigamos vender irá destinado ao mercadiño solidario que a ONG organiza o día 1 de xuño en Sarria co fin de obter máis fondos para esta iniciativa tan necesaria. 

 

XABÓN SOLIDARIO CON "X" DE XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!!