1º Ciclo

REPASO CONTIDOS CIENCIAS SOCIAIS CON KAHOOT

Na materia de Ciencias Sociais de 2º de primaria acabamos de rematar unha das unidades máis interesantes para nós: O Sistema Solar.

 

Para afianzar e interiorizar aínda mellor os contidos realizamos dúas actividades de avaliación e repaso final. A primeira delas, foi a creación da nosa propia maqueta do Sistema Solar.

 

E, por último, realizamos unha avaliación do aprendido a través da plataforma de aprendizaxe online Kahoot, que permite a creación por parte do profesorado de cuestionarios de opción múltiple sobre contidos vistos na aula. Encantounos repasar todo o aprendido con Kahoot, empregamos as tabletas e os ordenadores da biblio. Deste modo, tamén melloramos a nosa competencia dixital!

  

 

 

 

CIENCIAS DA NATUREZA: CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

O alumnado de 1º e 2º de primaria na materia de Ciencias da Natureza estivo a traballar a clasificación do reino animal.

 

Comezamos a unidade falando das características deste amplísimo reino. Visualizando diferentes vídeos, realizando lecturas e chuvias de ideas sobre os nosos coñecementos.

 

Pouco a pouco fomos interiorizando todos os conceptos relacionados con este apaixoante mundo. Ata chegar a saber a diferenza entre animais vertebrados e invertebrados. Coñecendo as características de cada subgrupo.

Realiazamos investigacións na nosa biblio coas tabletas.

 

 

Ademais, o noso compañeiro Enzo García, trouxo un xogo de preguntas sobre estes seres vivos. Pásamolo moi ben! Grazas Enzo!

  

 

Unha vez que tiñamos toda a materia interiorizada comezamos a elaborar o noso propio lapbook de resumo do tema. Os lapbook (cuxa tradución literar é libro de lapelas) é unha especie de caderno despregable na que o alumnado pode interactuar cos contidos du maneira máis visual e máis atractiva.

  

  

 

Grazas a eles, o alumnado plasma o aprendido empregando a súa creatividade o que lles permite aprender dun xeito moito máis práctico.

 

Favorece a comprensión da información e a estructuración e síntese das ideas principais.

O resultado final é xenial!! Mirade!!

 

Materiais recuperados de: amestraCris https://oblogdamestracris.blogspot.com/

 

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS EN 1º E 2º

A mellor maneira de adquirir unha aprendizaxe integral é basar a práctica diaria das nosas aulas nunha aprendizaxe vivencial e significativa, é dicir, poñendo en práctica os contidos aprendidos. E así o facemos na materia de Matemáticas!

LAS MATEMÁTICAS SON UN JUEGO

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria estivemos aprendendo as unidades de medida e os números de ata tres cifras.

  

 

Para traballar as unidades de medida acudimos á cociña do cole e, Silvia a cociñeira, deixounos pesar diferentes alimentos na súa báscula dixital e tamén, nos prestou un vaso medidor para os líquidos.

  

 

 

E, para practicar e consolidar a descomposición de números de ata 3 cifras empregamos as regretas. Escribimos un número do 400 ao 599 no encerado da aula e, logo entre todxs, tiñamos que descompoñelo empregando este material manipulativo.

  

 

Pasámolo moi ben mentres aprendimos moitas cousas!

 

 

PLANTANDO UN REGO DE LEITUGAS (20 - 09 - 2022)

  Chega o outono pero parece que a calor se resiste a abandonarnos así que decidimos aproveitar o espazo de terra libre que deixaron as cebolas.

  O alumnado de 1º e 2º de Primaria foi ata o horto plantar un rego de leitugas e, de paso, aprender como funciona o sistema de rega automática.

 

 

A casa de Melodía MÚSICA INFANTIL, 1º e 2º de Primaria

Ola, amiguiños e amiguiñas.

 

A miña amiga Melodía mandoume unha fotografía da súa casa, NON A SACOU ELA, pedíulle á veciña que a retratara porque, como sabedes, neste tempo non debemos saír do noso fogar ou, se temos que saír ten que ser unicamente por un motivo moi xustificado.

 

A innstantánea está tomada ás oito da tarde, a hora na que os fillos de Melodía se asoman á venta para aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias, policías e a todos/as os/as profesionais que estes días seguen a traballar para coidarnos.

 

Como podedes ver, no fogar de Melodía están moi organizados, tanto é así que cada un/unha asómase sempre á mesma fiestra.

Mirade ben e localizádeos/as:

                               Simón parece que xa ten sono.

                           Lara hoxe viste de...

                       Sol está entre Fátima e...

                                               E a tima?

                              Viches a Migueliño?

                            E Rebequiña?

Onde está Dorotea?

 

Axiña heivos facer unha visita virtual á vosa casa e imos aprender uns/unhas e lembrar outros/as a cación da CASA DE MELODÍA. Que vos parece?

 

Entre tanto, se vos apetece, podedes copiar a fotografía da CASA DE MELODÍA nun papel e decorala á vosa maneira.

 

Sabedes que me gustaría moito?

O que me gustaría moito é que se vos animades a debuxar a CASA DE MELODÍA lle pidades ao voso pai ou á vosa nai ou tía que lle saque unha fotografía ao voso debuxo e que ma envíe por WhastApp, eles/as xa saben o meu número.

 

Máis emocionante aínda sería que fixérades un collage con cousiñas que teñades pola casa: recortes de revistas, anacos de cartolina, plastelina, pasta... o que se vos ocorra.

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN, SEGURO QUE SEREDES MOI CREATIVOS/AS.

Cando teña as fotografías dos vosos traballos e aprendamos a canción, habemos facer un vídeo con todo ese material para compartir con todos e todas e ter de recordo destes días tan diferentes.

Esta actidade vai dirixida especialmente para as miñas amigas e os meus amigos de INFANTIL  e PRIMEIRO-SEGUNDO de PRIMARIA, pero se alguén máis se anima a participar tamén se incluirán os seus traballos no vídeo. Animádevos!

 

Proposta de actividades para 1º e 2º de primaria

Ola, raparigos e raparigas!

Xa estaredes feitos uns mozotes e mozotas. Hai tanto que non vos vexo! Ben, agora que o penso, tampouco tanto, só uns días.

Lembrades que nas últimas sesións de Música estivemos traballando sobre a clasificación dos instrumentos musicais?

Xa traballamos os de corda, os de vento e faltábanos mirar algún de percusión, pero como sodes moi listo seguro que podedes facer a seguinte ficha:

 

Para imprimir, podes empregar o arquivo PDF que está máis abaixo.

Distribuir contido