A casa de Melodía MÚSICA INFANTIL, 1º e 2º de Primaria

Ola, amiguiños e amiguiñas.

 

A miña amiga Melodía mandoume unha fotografía da súa casa, NON A SACOU ELA, pedíulle á veciña que a retratara porque, como sabedes, neste tempo non debemos saír do noso fogar ou, se temos que saír ten que ser unicamente por un motivo moi xustificado.

 

A innstantánea está tomada ás oito da tarde, a hora na que os fillos de Melodía se asoman á venta para aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias, policías e a todos/as os/as profesionais que estes días seguen a traballar para coidarnos.

 

Como podedes ver, no fogar de Melodía están moi organizados, tanto é así que cada un/unha asómase sempre á mesma fiestra.

Mirade ben e localizádeos/as:

                               Simón parece que xa ten sono.

                           Lara hoxe viste de...

                       Sol está entre Fátima e...

                                               E a tima?

                              Viches a Migueliño?

                            E Rebequiña?

Onde está Dorotea?

 

Axiña heivos facer unha visita virtual á vosa casa e imos aprender uns/unhas e lembrar outros/as a cación da CASA DE MELODÍA. Que vos parece?

 

Entre tanto, se vos apetece, podedes copiar a fotografía da CASA DE MELODÍA nun papel e decorala á vosa maneira.

 

Sabedes que me gustaría moito?

O que me gustaría moito é que se vos animades a debuxar a CASA DE MELODÍA lle pidades ao voso pai ou á vosa nai ou tía que lle saque unha fotografía ao voso debuxo e que ma envíe por WhastApp, eles/as xa saben o meu número.

 

Máis emocionante aínda sería que fixérades un collage con cousiñas que teñades pola casa: recortes de revistas, anacos de cartolina, plastelina, pasta... o que se vos ocorra.

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN, SEGURO QUE SEREDES MOI CREATIVOS/AS.

Cando teña as fotografías dos vosos traballos e aprendamos a canción, habemos facer un vídeo con todo ese material para compartir con todos e todas e ter de recordo destes días tan diferentes.

Esta actidade vai dirixida especialmente para as miñas amigas e os meus amigos de INFANTIL  e PRIMEIRO-SEGUNDO de PRIMARIA, pero se alguén máis se anima a participar tamén se incluirán os seus traballos no vídeo. Animádevos!