A FERRERÍA DE PENACOBA

A FERRERÍA DE PENACOBA.

Seguindo a estrada de Vilarbuxán , hai que deixala e coller unha estreitiña para chegar á casa da Penacoba : non hai máis, é a única no estreito val fendido polo río.

A casa é grande, con largos muros de pizarra e impresionante entrada a xeito de cuberto sostido por altas columnas cilíndricas.

Os cuartos teñen o teito de castiñeiro, as paredes de pedra, os corredores de taboado alumeados pola luz natural que baixa dunha grande bufarda. Tamén ten unha solaina.

É unha casa de labregos con todos os servizos,dende forno ata carpintería e ferrería.

Esta última, está entrada na mesma pena, facendo de parede natural. O mazo, o fol, os distintos trebellos que os moven, póñense en funcionamento abrindo unha pequena comporta.

A auga baixa con forza dende un pequeno encoro que abeira o tellado dende onde segue unha canle natural excavada tamén na roca nun longo treito. A canle toma a auga do río, e a que non entra nela, baixa en fervenza preto do sitio.

Actualmente  a casa adícase ao turismo rural.