WINTER CRAFTS

Dende a materia de Art estamos a traballar a estación do inverno, traballando contidos e vocabulario básico desta estación e empregando como fío condutor das tarefas a seguinte canción titulada I´m a little snowman no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria. No seguinte vídeo podedes escoitar a canción.

Vídeo recuperado de: Youtube.com Canal: Super Single Songs.

Estivemos a traballar e perfeccionar o trazado de liñas rectas mediante a realización de copos de neve.

  

Ademais, tamén elaboramos o noso propio boneco de neve personalizado que colgamos como decoración nas ventás da entrada do cole. 

 

Co 3º ciclo estivemos a realizar unha paisaxe nocturna de inverno, empregando material reciclado como os periódicos. Deixaron voar a súa creatividade e o resultado é o seguinte.

   

 

 

Winter Vacation Christmas GIF by DINOSALLY - Find & Share on GIPHY