CONTACONTOS O APALPADOR

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega programouse un contacontos sobre o Apalpador, o mítico carboeiro, procedente das montañas do Courel, que baixa na noite do 31 de decembro a apalpar as barriguiñas dos máis cativos.

A profe Noelia, leéunos o conto Antón e o apalpador da editorial Barafunda, un pequerrecho que coñeceu, por sorpresa ao Apalpador, buscando a súa tía Mariña.

 A continuación da lectura e da posta en común, as profes entregáronnos a cada un de nós un colgante cun debuxo para colorear do Apalpador que levamos para as nosas casiñas. 

 

Tamén, escoitamos a canción de Paco Nogueiras titulada "O Apalpador".


Nas noites previas a chegada do Apalpador a xente soían cantar o seguinte:

Vaite logo meu neniño,

marcha agora para camiña.

Que vai vir o Apalpador 

a palparche a barriguiña.

Sabedes que ao Apalpador tamén se lle pode chamar Apalpadore ou Pendigueiro?

Ademáis, o alumnado que así o quixo puido facer un debuxo do Apalpador para facer una tarxeta de Nadal virtual e, con ela, felicitarvos as festas. O debuxo elixido foi o de Hugo Lagoa Sánchez de 6º de Educación Primaria. Parabéns polo teu traballo!!

 

 Encantounos a historia!! Apalpador, estamos desexando que veñas a apalpar as nosas barriguiñas!!

O apalpador chega a Frian! | CEIP PLURILINGÜE FRIAN-TEIS (VIGO)