FINALIZACIÓN 1º AVALIACIÓN

Comezamos o día 21 recibindo do noso profesorado un agasallo para cada un/una¡ha de nós e as recomendacións lectoras do colectivo Lemos Le!

E, para finalizar a primeira avaliación organizamos un festival de Nadal no centro sociocultural ás 11.30 horas. Aínda que pasamos moitos nervios, fixémolo moi ben y esperamos que vos gustase moitísimo!

 


 

Grazas a todxs xs que vos acercastedes a pasar un ratiño con nós! E moitas grazas tamén, as familias e profesorxs que participaron na actuación grupal de panxoliñas.

 

Grazas tamén, ao Concello de Bóveda por traernos a Papá Noel ata aquí! Foi unha auténtica sorpresa!

Oxalá que os desexos do noso alumnado se fagan realidade neste Nadal!

  

BO NADAL!