blogue deNoelia

HOXE CELEBRAMOS A PRIMEIRA EDICIÓN DO "MERCADIÑO DO LIBRO USADO" (26 - 04 - 2022).

No día de hoxe, o alumnado do noso centro, acudíu por quendas á cita co "Mercadiño".

Cos "biblios" na man (billetes coa cara de Rosalía) puideron "adquirir" libros que, en semanas anteriores,

foron achegados ao centro polo propio alumnado.

Todo un éxito de actividade de intercambio que de seguro repetiremos o vindeiro curso!

"BOLSAS DE CORES". (Obradoiro de tinguido levado a cabo do 22 ao 26 de abril de 2022)

Estamos ultimando os detalles para a posta en marcha da actividade "BOLSAS DE CORES".

Durante o mes das Letras Galegas, cada familia poderá gozar dun lote de libros de temáticas diversas en lingua galega.

Os libros serán repartidos nunhas fermosas bolsas de cores que o alumnado de Primaria está a tinguir coas súas propias mans.

Están quedando preciosas!

 

"COÑECENDO O MEU CORPO" Actividade de Educación Sexual na etapa Infantil. (21 - 4 - 2022)

A través da A.N.P.A, o alumnado de Infantil asistiu a esta interesante actividade.

Dúas enfermeiras matronas foron as encargadas de desenvolver unha sesión amena, sinxela

e moi ben adaptada á idade dos nenos e das nenas de Infantil.

 

AGASALLO DE LIBROS POR PARTE DA ANPA.

A asociación de nais e pais do noso centro mercou un lote de libros para a nosa biblioteca e agasallou ao noso alumnado con cadanseu libro.

Moitas grazas de parte de toda a comunidade educativa!

"DÍA DO LIBRO" Alumnado de 1º a 4º de Primaria. "Fai o teu cómic" (22 - 4 - 2022)

As nenas e os nenos de 1º a 4º de Primaria realizaron este divertido obradoiro ofertado pola Biblioteca Pública Municipal.

"DÍA DO LIBRO" Alumnado de 5º e 6º de Primaria. "Radio contada" (22 - 4 - 2022)

Este obradoiro levado a cabo por Sergio Pascual Espinilla  realizouse, na nosa biblioteca, para as nenas e os nenos de 5º e 6º por xentileza de Biblioteca Municipal de Bóveda.

"DÍA DO LIBRO" Alumnado de Educación Infantil. "O conto estrelado" (19 - 4 - 2022)

Pola conmemoración do "Día do libro", a biblioteca municipal agasallounos con este fermoso contacontos.

Ademais de gozar coa historia realizamos un sinxelo obradoiro de creación de contos.

 

"DÍA DA MULLER" . Alumnado de 5º e 6º de Primaria. "A miña historia" (8 - 3 - 2022)

As nenas e os nenos de 5º e 6º de Primaria, acudiron ao contacontos de "A miña historia" de Trémola Teatro no salón de actos da Casa de Cultura.

A historia representada baseábase na vida de Rosalía de Castro.

"DÍA DA MULLER" Alumnado de 1º a 4º de Primaria. "Bolboretas"

As nenas e os nenos de 1º a 4º de Primaria asistiron na nosa biblioteca ao espectáculo "Bolboretas" de Soledad Felloza.

"DÍA DA MULLER" . Alumnado de Infantil. "A carteira de Augas Claras" (8 - 3 - 2022)

O alumnado de Infantil asistiu a este fermoso contacontos levado a cabo por Carmen Domech.

"Eu vou comigo", "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" foron as tres historias das que poidemos gozar nesta ocasión.

Distribuir contido